Skip to Content

NOVAS

Titorial acceso á aula virtual

Os pasos para acceder á aula virtual son os seguintes:

1.- Entra na páxina web do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurtisestacion/

2.- Entrar onde pon "Aula Virtual".

3.- Facer click en "Acceder", situada arriba á dereita.

4.- Escribir o nome de usuario e a contrasinal.

         -  Nome de usuario: nomeapelido (en minúsculas e sen til)

         -  Contrasinal: o que decidiu cada alumna/o

5.- Entrar nas diferentes carpetas para ver os materiais de cada materia.

No seguinte titorial tamén podedes ver como se accede á aula virtual.

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Este venres, 13 de novembro, saíu publicada no DOG  a Orde pola que se regula o procedemento de distribución de máscaras nos colexios.  No ficheiro adxunto podedes consultala.

       Serán beneficiarias aquelas familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros. Aquelas que recibiron a axuda para adquirir material escolar non terán que presentar a solicitude. As que non solicitaran por diferentes circunstancias poden pedir o modelo a cumplimentar no colexio chamando previamente para solicitar cita previa. Hai un prazo de dez días hábiles dende o día seguinte á publicación de dita orde.

  Seguiremos informando sobre este procedemento a través da páxina web.

           

PROTOCOLOL DE ADAPTACIÓN DA COVID- 19. ÚLTIMA VERSIÓN.

O pasado 4 de novembro actualizouse o protocolo de adaptación ao contexto da COVID- 19 nos centros de ensino. Podedes consultala no ficheiro adxunto.

Área Educación Musical

Estimadas familias:

Este curso escolar 2020 – 2021, temos unha situación excepcional pola COVID 19. Contamos cuns protocolos sanitarios que inflúen en innumerables aspectos da práctica educativa.

Dende a Área de Educación Musical, leváronse a cabo algún cambios metodolóxicos e organizativos co fin de facer o máis segura e enriquecedora posible a materia de música para o alumnado.

Este curso non se empregará a frauta doce en ningún curso. O material que necesitarán é unha carpeta, unha libreta de pentagramas e deberán imprimir as fichas que se propoñen a continuación para cada etapa educativa. Tamén as podedes atopar na aula virtual dende 3º a 6º de Educación Primaria.

1ºEP - Texto enlace

2ºEP - Texto enlace

3ºEP - Texto enlace

4ºEP - Texto enlace

5ºEP - Texto enlace

6ºEP - Texto enlace

DATAS E HORARIO DAS REUNIÓNS DE NIVEL DE INICIO DE CURSO

DATAS DAS REUNIÓNS DE NIVEL (TODAS NO PATIO CUBERTO DO COLEXIO)

SÓ UN FAMILIAR E SEN NENOS/AS.

5º E 6º DE E. INFANTIL

MARTES, 6 DE OUTUBRO

15: 30 HORAS

  DE EP

MÉRCORES, 30 DE SETEMBRO

17: 00 HORAS

2º DE EP

LUNS, 28 DE SETEMBRO

17:00 HORAS

3º DE EP

XOVES, 1 DE OUTUBRO

16:30 HORAS

4º DE EP

XOVES, 1 DE OUTUBRO

15:30 HORAS

5º DE EP

MARTES, 29 DE SETEMBRO

16:30 HORAS

6º DE EP

XOVES, 1 DE OUTUBRO

18:00 HORAS

PROGRAMA DE ACOLLIDA

NO FICHEIRO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR O PROGRAMA DE ACOLLIDA DO CEIP CURTIS.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á COVID 19

BO DÍA. NO FICHEIRO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR O PLAN DE ADAPTACIÓN Á COVID- 19.

LISTAXE DE MATERIAL DE INFANTIL POR NIVEIS

ADXUNTO PODEDES VER O MATERIAL DE INFANTIL DESTE ANO.

HORARIOS 2020- 2021

NOS ADXUNTOS PODEDES CONSULTAR OS HORARIOS DAS DIFERENTES TITORÍAS.

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020- 2021

INFORMAMOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA  DE QUE A INCORPORACIÓN DO ALUMNADO ESTE CURSO SERÁ GRADUAL, DO SEGUINTE XEITO:

XOVES, 10 DE SETEMBRO: 4º E 5º DE INFANTIL E 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA.

VENRES, 11 DE SETEMBRO:  ADEMAIS DO ALUMNADO QUE SE INCORPOROU O XOVES, ACUDIRÁN 6º DE INFANTIL E 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. 

POR OUTRA PARTE, CONVOCAMOS ÁS FAMILIAS A UNHA REUNIÓN O VINDEIRO MÉRCORES, 9 DE SETEMBRO ÁS 14:00 HORAS NO PATIO CUBERTO PARA ACLARAR DETERMINADAS CUESTIÓNS ACERCA DO DESENVOLVEMENTO DESTE CURSO, TENDO EN CONTA A SITUACIÓN CREADA POLA COVID- 19. CREMOS QUE ESTA HORA PERMITIRÁ A CONCILIACIÓN PARA QUE UN MEMBRO DA FAMILIA POIDA ACUDIR. É IMPORTANTE A VOSA PRESENCIA. (SÓ UNHA PERSOA POR FAMILIA).

 

MOITAS GRACIAS POLA COLABORACIÓN E BO COMEZO DE CURSO A TOD@S.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut