Skip to Content

blogue deadmin

Visita a VETCUR

Os pasados 30 e 31 de outubro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria acudiron á clínica VETCUR, da cal é dono Juan Conde , pai da alumna Teresa Conde Estévez. Atendeunos moi gustosamente, como xa fixera noutras ocasións eamosouse moi voluntarioso para aportar os seus coñecementos nunha temática que coincidía coas unidades que se están a traballar en ciencias naturais: aparello circulatorio e reproductor.

Durante esta  visita fixeron actividades como: visionado de diversas células polo microscopio, observar a separación do plasma do sangue, vivir en directo unha ecografía das arterias, escoitar o corazón dos compañeiros co fonendoscopio…Por suposto, tamén visitaron os animaliños que estaban hospitalizados por diferentes motivos. 

 

As mestras e os alumnos queremos agradecer o esforzo realizado polo persoal da clínica.

 

 

Almorzo saudable

O 7 e 8 de novembro, no CEIP de Curtis, levamos a cabo os almorzos saudables. A primeira hora almorzamos todos xuntos no comedor do colexio. A continuación, Raquel falounos da importancia dunha boa alimentación. Tamén aprendimos, con Marta, a cepillarnos correctamente os dentes e a importancia dunha boa hixiene bucal. Rematamos o día recoñecendo a importancia dunha vida activa a cargo de Pablo.

 

MAGOSTO 2018

O pasado 2 de novembro celebramos o magosto: comemos castañas e o alumnado de sexto curso de Educación Primaria encargouse de amenizar a xornada con xogos tradicionais, os cales tiñan como protagonista a castaña.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

 

Visita as instalacións de "La Voz de Galicia" e ó Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

O vindeiro mércores 21 de novembro o alumnado de Educación Infantil e de 1º curso de Educación Primaria realizará unha visita as instalacións de "La Voz de Galicia", para coñecer a súa redacción, a rotativa, a sala de cerre e o museo de prensa e artes gráficas. Unha vez finalizada dita visita, arredor das 12:00h o alumnado desprazarase ata o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía para facer un breve recorrido pola súas instalacións (seccións de robots, cabina de jumbo e obxectos do s.XX)

RESUMO PLAN DO DÍA:

  • 9:10-10:00 Saída de Curtis, dirección Arteixo.
  • 10:00-11:00 Visita ás instalación de "La Voz de GAlicia"
  • 11:00-12:00 Traslado a A Coruña e merenda.
  • 12:15-13:15 Visita ó Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
  • 13:15-14:00 Regreso ó CEIP Curtis.

Telexornal Curtis: exposición de calabazas

Telexornal Curtis: magosto

PRESENTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Aquí podedes consultar  o folleto inicial de presentación do Departamento de orientación para este curso escolar. En breve engadiremos novas relacionadas con este Departamento.

REUNIÓN COAS FAMILIAS

Os vindeiros luns 8 e 15 de outubro terán lugar as reunións grupais dos familiares do alumnado coas correspondentes titoras.

Horario:

Luns 8:

15.00-16:00 reunións de nivel de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

16:00-17:00 reunións de nivel de 1º e 2º de Educación Primaria.

Luns 15:

17:00-18:00 reunión conxunta de 5º e 6º de Educación Infantil.

OUTONO EN CURTIS

Nos diferentes medios de comunicación xa se comenta... o OUTONO chegou a Curtis!