O vindeiro mércores 21 de novembro o alumnado de Educación Infantil e de 1º curso de Educación Primaria realizará unha visita as instalacións de "La Voz de Galicia", para coñecer a súa redacción, a rotativa, a sala de cerre e o museo de prensa e artes gráficas. Unha vez finalizada dita visita, arredor das 12:00h o alumnado desprazarase ata o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía para facer un breve recorrido pola súas instalacións (seccións de robots, cabina de jumbo e obxectos do s.XX)
RESUMO PLAN DO DÍA:
- 9:10-10:00 Saída de Curtis, dirección Arteixo.
- 10:00-11:00 Visita ás instalación de "La Voz de GAlicia"
- 11:00-12:00 Traslado a A Coruña e merenda.
- 12:15-13:15 Visita ó Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
- 13:15-14:00 Regreso ó CEIP Curtis.