Este luns 23 de outubro, comezou na biblioteca do centro o Clube de Lectura co "Mundo máxico de Harry Potter". As actividades do Clube de Lectura realizaranse os luns pola tarde cada 15 días, no que participarán @s alumn@s de quinto e sexto curso que poderán ver unha película basada nun libro que estén lendo, neste caso a película de "Harry Potter e a pedra filosofal".Vai ser divertidísimo!!!! Ver máis.
Como cada ano por estas datas , o noso centro engalánase para festexar a primeira celebración deste curso 2017-2018, "O Samaín". Para esta celebración estamos a traballar desde os diferentes niveis e departamentos todo de tipo de actividades relacionadas co Samaín.
Próximo venres día 27 os nenos e nenas de 5º e 6º terán unha charla informativa, na biblioteca do cole, sobre o campamento romano "A Ciadella" situada no Concello de Sobrado dos Monxes.
Ó longo do curso realizarase unha saída para visitar este vestixio romano.