Os pasados 30 e 31 de outubro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria acudiron á clínica VETCUR, da cal é dono Juan Conde , pai da alumna Teresa Conde Estévez. Atendeunos moi gustosamente, como xa fixera noutras ocasións eamosouse moi voluntarioso para aportar os seus coñecementos nunha temática que coincidía coas unidades que se están a traballar en ciencias naturais: aparello circulatorio e reproductor.
Durante esta visita fixeron actividades como: visionado de diversas células polo microscopio, observar a separación do plasma do sangue, vivir en directo unha ecografía das arterias, escoitar o corazón dos compañeiros co fonendoscopio…Por suposto, tamén visitaron os animaliños que estaban hospitalizados por diferentes motivos.
As mestras e os alumnos queremos agradecer o esforzo realizado polo persoal da clínica.