Gallego

Día Internacional do Libro

Summary: 

Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.
Gallego

23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR. Bangkok, Capital Mundial do Libro 2013

Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.

Como cada ano, alibro UNESCO publica unha mensaxe conmemorativa. Na mensaxe deste ano, centrada nos valores do libro e a lectura, queremos destacar dúas frases:

  • O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información.

  • Esta bibliodiversidade é a nosa riqueza común, que fai do libro moito máis ca un obxecto puramente material, a saber, a máis fermosa invención do ser humano para o intercambio de ideas máis aló das fronteiras do espazo e o tempo.

 

http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-book-and-copyright-day-2013/

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Sra. Irina Bokova, con ocasión do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

UNESCO, 23 de abril de 2013

O libro, fonte de inspiración para todos

O 23 de abril, desde hai 17 anos, a UNESCO celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En todo o mundo, os Estados Membros da UNESCO celebran o poder de convocatoria do libro, que transmite a cultura dos pobos e os seus soños dun futuro mellor.
Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librerías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A cidade de Bangkok foi designada “Capital Mundial do Libro 2013” en recoñecemento do seu programa orientado a desenvolver a lectura entre os mozos e os sectores desfavorecidos da poboación. Este exemplo é unha fonte de inspiración no noso labor colectivo en defensa da diversidad
e editorial, a protección da propiedade intelectual e o acceso en condicións de igualdade á riqueza dos libros. A UNESCO participa nese labor no espírito da Convención sobre a Protección e Promoción da Diversidade das Expresións Culturais, co conxunto dos seus asociados, entre os que se atopan a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.
Este día sérvenos tamén para reflexionar sobre as transformacións que experimentou o libro a longo prazo e sobre os valores inmateria
is polos que debemos guiarnos. O libro dixital ofrece novas oportunidades de acceso aos coñecementos, cun custo reducido, en ámbitos moi amplos. O libro tradicional segue sendo unha tecnoloxía poderosa, que non sofre avarías, que podemos levar connosco e que resiste a proba do tempo. O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidade de libros e e contidos é unha fonte de enriquecemento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural. Esta bibliodiversidade é a nosa riqueza común, que fai do libro moito máis ca un obxecto puramente material, a saber, a máis fermosa invención do ser humano para o intercambio de ideas máis aló das fronteiras do espazo e o tempo.

Irina Bokova

libros

A Asesoría de bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros, celebra este día coa edición dun novo modelo de marcapáxinas cun texto orixinal da autora PAULA CARBALLEIRA 

Catro museos da Consellería de Cultura e Educación participarán no bookcrossing de máis de 3.000 volumes no Día Internacional do Libro

Os departamentos de linguas e de bibliotecas escolares do CAFI, queren sumarse a esta celebración cunha selección de bibliografía e unha fermosa historia de libros e de lectura da autoría do escritor portugués Antonio Torrado.

BIBLIOGRAFÍA SOBRE BIBLIOTECAS, LIBROS E LECTURAS.

Libro pechado

Era unha vez un libro. Un libro pechado. Tristemente pechado. Irremediablemente pechado.

Nunca ninguén o abrira, nin sequera para ler as primeiras liñas da primeira páxina das moitas que o libro tiña para ofrecer.

Quen o comprara trouxérao para a casa e, probablemente insensible ao que o libro valía, ao que o libro contiña, meteuno nun andel, ao lado de moitos outros.

Alí estaba. Alí quedou.

Un día, non podendo aguantar máis, queixouse:

Ninguén me leu. Ninguén me fai caso.

Ao lado, un compañeiro dixo:

Desconfío que, neste andel, haberá moitos outros coma ti.

É o teu caso? preguntou, ansiosamente, o libro que nunca fora aberto.

Por sorte, non aclarou o compañeiro, un respectable volume.Estou todo subliñado. Fun lido e relido. Son un libro de consulta.

Quen me dese esa sorte dixo outro libro ao lado, entrando na conversa.

A min só me botaron unha ollada, páxina si, páxina non... Pero, en fin, xa servín para algunha cousa.

Eu tamén falou, preto deles, un libriño estreito.Durante moito tempo, servinlle de taco a unha mesa que tiña un pé máis curto.

Iso non é traballo para un libro estrañouse o volume.

A falta doutro... conformouse o libro estreitiño.

Escoitando os seus compañeiros de andel, o libro que nunca fora aberto sentiu unha secreta envexa. Polo menos, tiñan algo que contar, mentres que el... Suspirou.

Non chegou á fin do suspiro, porque dúas mans o foron buscar ao recanto do andel. As mans collérono e puxérono sobre os xeonllos.

Ten debuxos ese libro? preguntou a voz dunha neniña, debruzada sobre o libro, aínda por abrir.

Vaia se ten! Moitos debuxos, moitas historias que eu che vou contar dixo unha voz máis grave, a quen pertencían as mans que escolleran o libro do andel. Comezou a miralo e, mentres pasaba as primeiras páxinas, foi dicindo:

Este libro ten unha historia. Compreino o día que ti naciches. Gardeino para ti, ata hoxe. É un libro moi especial.

Le! esixiu a voz da neniña.

E o pai da nena leu. E o libro aberto deixou que o lesen, de principio a fin.

Ás veces, paga a pena esperar.

António Torrado


 

 

 

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO.
Día do libro
dia do libro

Easy Notecards

Easy Notecards permítenos crear e compartir fichas de estudo. O manexo é moi sinxelo. Unha vez creada a conta pulsamos no botón "create notecards" e xa podemos cubrir un formulario dividido en dúas zonas:
1. Unha cabeceira onde poñemos o título e descrición do conxunto de fichas e, se imos resumir un libro, tamén podemos poñer o ISBN e o capítulo. Tamén se pode especificar o nivel educativo ao que están destinadas as fichas.
2. Para cada ficha cóbrense dúas casillas. Na esquerda escríbese o título e na dereita o resume dos datos. No título tamén se pode poñer unha imaxe.
Bótase de menos a existencia dun gadget que permita colocar as fichas no blog e a posibilidade de poñer vínculos. Tamén sería interesante compartir a edición das fichas.
O programa da a posibilidade de crear un test partindo das fichas. Só hai que pulsar no botón "take quiz" cando estamos vendo as fichas.
Gallego
baner easy

Faleceu o escritor e economista José Luis Sampedro

Summary: 

Finou onte, 7 de abril de 2013, aos 96, José Luis Sampedro: catedrático, académico, economista, escritor,
Gallego
 
José Luis Sampedro, escritor, economísta, catedrático e académico, morreu o día 7 de abril de 2013,
Foi un  escritor de fina pluma e gran sensibilidade, pero tamén un divulgador. Nos nosos institutos deberían ter un lugar destacado algúns dos seus libros.
Para ler máis:
 

IMAXE DE PORTADA: http://www.flickr.com/photos/agvnono/6725091999/

Sampedro: Sonrisa etrusca
José Luis Sampedro

Día Internacional do Libro Infantil

Summary: 

Cada 2 de abril, o IBBY celebra o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Gallego

Dia LIX

Como cada ano, este  2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de  nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Cada ano é un país membro de devandita Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Este ano foi a de Estados Unidos de Norte América a sección responsable da mensaxe, un poema da escritora de orixe mexicana Pat Mora e o cartel foi obra do ilustrador Ashley Bryan

Ligazóns de interese

Día internacional do libro infantil e xuvenil.
Cartel

Día mundial da poesía. 21 de marzo.

Summary: 

Información e ligazóns para celebrar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
Gallego

Día Mundial da Poesía

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Na súa 30ª reunión, celebrada en París en 1999, a UNESCO tomou decisión de proclamar el 21 de marzo como Día Mundial de la Poesía. O principal obxectivo desta celebración é o de preservar a diversidade das linguas a través da expresión poética e apoiar ás linguas máis ameazadas.

LIGAZÓNS con poesía:

Non deixa de ser como unha manía, pretender que lea a xente poesíaAntón Cortizas Amado, en Vaia tropa.

Frederick, o rato poeta , recolle palabras, cores, luz, calor, sensacións...imprescindibles, necesarias como a poesía.

Frederick, o rato poeta , recolle palabras, cores, luz, calor, sensacións...imprescindibles, necesarias como a poesía.

Imaxe de portada: http://www.flickr.com/photos/columna/241939475/

 

Día mundial da poesía
Frederick

Encontos do PLAMBE

Summary: 

Os día 7 e 8 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares.
Gallego

Postos en pé, os máis de cincocentos asistentes aos Encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia, ovacionaron durante varios minutos ao escritor Agustín Fernández Paz que clausurou esta actividade. Recollendo unha frase de Bibiano “agora entramos nós” lembrounos a función das bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais e o noso papel en referencia á formación lectora dos cidadáns do futuro.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, que inaugurou os Encontros o xoves 7 de marzo, deulles a benvida aos asistentes responsables das bibliotecas escolares acollidas á última convocatoria do PLAMBE; agradeceu o labor e o compromiso do profesorado co modelo de biblioteca escolar promovido pola consellería que se ven demostrando útil na formación do alumnado e no desenvolvemento das competencias básicas. Neste primeiro día contamos coa presencia de Antonio Camacho para a conferencia inaugural, "Unha biblioteca escolar útil para unha sociedade complexa",  Anna Blasco presentou unha interesante ferramenta na mesa "Informarse nun mundo en cambio. Un reto para as bibliotecas escolares". César Iglesias presentou aos asistentes as posibilidade do Proxecto Meiga. Ademais da interveción de Cristina Novoa e Pilar Sampedro para informar aos novos centros dfo PLAMBE, contamos ese día con dúas mesas de experiencias de centros

Na  xornada do día 8 de marzo, contamos coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; presidiron a mesa a subdirectora xeral de Centros, Susana Castro Barral, e o director do CAFI, Ángel Rodríguez Sánchez, xunto coas Asesoras de bibliotecas escolares, Cristina Novoa e Pilar Sampredro e a asesora do departamento de bibliotecas escolares do CAFI Leonor Mazaira.  José Manuel Pérez Tornero, vice-presidente, European Association for Viewers' Interest (EAVI), secretario Xeral, Asociación Internacional para a Educación Mediática (MENTOR), Universidade Autónoma de Barcelona,  iniciou a  sesión coa conferencia  "Novos medios, novas alfabetizacións: Estratexias e prácticas" que versou sobre alfabetización mediática e informacional. Para o conferenciante a biblioteca escolar debe ser o núcleo central da intelixencia educativa e tería que reescolarizar oa resto do profesorado. Pérez Tornero considera a biblioteca escolar como creadora do futuro e garda do pasado.

A xornada compeltouse con cinco mesas simúltaneas de experiencias e encontros por zonas.

Desde esta mesma entrada e desde o departamento de bibliotecas escolares do CAFI pódese descargar o documento: Alfabetización mediática e informacional. Curriculum para profesores.

A Asesoría de bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros ofrece, desde a súa aula virtual, acceso aos materiais dos Encontros: http://www.edu.xunta.gal/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=16 

PLAMBE presentacion
Agustin Fernandez Paz
inauguracion PLAMBE

Día da muller traballadora

Summary: 

Datos e enlaces de utilidade para o Día da muller traballadora.
Gallego

Cada 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Confiando en que poida ser útil, o departamento de bibliotecas escolares do CAFI pon á disposición dos centros e docentes enlaces e recursos sobre o tema.

 

Rosalía, muller traballadora

No ANDEL 1: RECURSOS DA ASESORÍA, do departamento de bibliotecas escolares, está a sección RECURSOS DIDÁCTICOS, desde a que se poden descargar dous pdf con información de libros e recursos na rede.

O blogue da Asesoría de bibliotecas escolares, tamén enlazado desde este departamento do CAFI, recolle o traballo de moitas bibliotecas escolares ao redor do tema.

O profesorado pode consultar o catálogo da biblioteca do CAFI, con ligazón desde o mesmo departamento, e solicitar en préstamo os libros catalogados sobre educación e igualdade.

Algúns títulos:

 

dia da muller
Rosalía, muller traballadora.

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012/2013

Summary: 

Celebración en Santiago de Compostela dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Gallego

Os encontros do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) celebraranse en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de marzo de 2013. Esta actividade reune os responsables das bibliotecas escolares dos centros acollidos ao programa da Consellería de Educación que está dando como  resultado que as bibliotecas escolares de Galicia sexan un referente en todo o estado.

Os encontros son unha actividade de formación organizada conxuntamente polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Encontros do PLAMBE

Caderno intercultural

Nesta sección encontraredes bancos, galerías e coleccións de sons, fotografías, ilustracións, animacións, vídeos, iconas e símbolos de uso libre ou con licenzas Creative Commons para empregar nos vosos traballos e proxectos didácticos ou educativos.

Podedes acceder a través desta ligazón: CADERNO INTERCULTURAL
Gallego
cuaderno intercultural

Eventos de ámbito autonómico do segundo e terceiro trimestre

Summary: 

Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.
Gallego

Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.

eventos

eventos segundo trimestre