Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros
Enviado por portalcafi a Xov, 15/09/2016 - 13:46Summary:
Summary:
Summary:
O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:
Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.
Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.
Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.
Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.
Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209. Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.
A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:
Currículo e aproximación á programación
Rúbricas e mínimos esixibles
Perfil de competencia.
O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.
Summary:
OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes.
METODOLOXÍA:
REFERENCIA: S1503016
TÍTULO: Obradoiro de oratoria no ámbito educativo
HORAS PRESENCIAIS: 12
PRAZAS: 20
LUGAR: CAFI
Summary:
A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.
Summary:
As VI Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, que se celebrarán o 20 e 21 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela,contan coa colaboración de grandes expertos en lectura nacionais e extranxeiros. Inaugura o ciéntifico Xurxo Mariño e clausurará a psicopedagoga arxentina Ana Siro. Entre eles, ao longo da tarde do venres e a mañá e tarde do sábado, poderemos escoitar a Carlos Magro, Rosa Piquín, Guadalupe Jover e Felicidad Campal e Cristina Novoa; e coñecer boas prácticas das bibliotecas escolares galegas.
Inscrición en fprofe: G1502012 VI Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.
Summary:
O curso consta de 6 sesións presenciais que se celebrarán na aula 11 do CAFI de 18:00 a 21:00. O prazo de inscrición remata o día 9 de novembro. Cristina Novoa (http://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/, https://www.pinterest.com/pin/427842033329269443/ ) falará do modelo de biblioteca escolar do século XXI, conceptosALFIN e AMI e Proxecto Lector de Centro. Anna Blasco (http://www.edu.xunta.gal/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=16, https://www.pinterest.com/becafi/textos-zona-de-carga-e-descarga/ ) desenvolverá o seu relatorio sobre a Competencia Informacional no ensino obrigatorio. Contaremos tamén con Begoña López Soto (IES Fernando Esquío de Neda) para falar sobre a xestión informatizada das bibliotecas escolares. Isabel Vázquez Rosales (CEIP de Quintela), Ana Seco Orosa (IES Sofía Casanova), Aurora Ramilo (CEIP de Leirado) e Santiago Dans (IES Poeta Díaz Castro) compartirán experiencias en relación ás programacións e á aplicación de estratexias ALFIN no desenvolvemento de proxectos.
Summary:
Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:
5. Actividades a desenvolver polo CAFI
6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña
7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol
8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo
9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense
10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra
11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo
Summary:
O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.
1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.
2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.
Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.
a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.
c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.
Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546 515/ 881 997 635
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Summary:
Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.
Como cada ano, a UNESCO publica unha mensaxe conmemorativa.
«A alfabetización é a porta de entrada á aprendizaxe e é esencial para fomentar a autoestima e a autonomía das persoas. Os libros, en todas as súas formas, desempeñan unha función esencial a este respecto.»
Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,
con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2015
A UNESCO e as tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro (a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreros e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) elixen cada ano unha capital mundial do libro, este ano a cidade escollida é Incheon (República de Corea) en recoñecemento ao seu programa de promoción da lectura entre a xuventude e os sectores desfavorecidos da poboación.
A Asesoría de bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros, celebra este día coa edición dun novo modelo de marcapáxinas cun texto orixinal da autora María Solar, premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito
Summary: