Gallego

Abril: mes do libro

Summary: 

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL Desde 1967, O día 2 de abril, que este ano nos pilla en vacacións, celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Gallego

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, O día 2 de abril, que este ano nos pilla en vacacións, celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Cada ano, o IBBY (International Board on Books for Young People), organización internacional na que están integrados 58 países, encarga a un escritor e a un ilustrador a redacción e confección dunha mensaxe e un cartel que van dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo, nesta data que coincide coa do nacemento de Hans Christian Andersen, nado en Odense o 2 de abril de 1805.

 

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O 23 de abril de 1616 morreron os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.

 

Adxúntase un arquivo pdf con recomendacións de lecturas que poden ser de utilidade.

 

 

mes do libro

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

Summary: 

O Día Mundial do Teatro creouse no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro da Unesco e vense celebrando en todo o mundo desde o 27 de marzo de 1962, data de apertura en París do “Teatro das Nacións”
Gallego

O Día Mundial do Teatro creouse no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro da Unesco e vense celebrando en todo o mundo desde o 27 de marzo de 1962, data de apertura en París do “Teatro das Nacións”

En Madrid a estatua de Valle-Inclán loce todos os 27 de marzo unha bufanda branca e na súa honra percórrense os lugares que visitou Max Estrella, o personaxe de “Luces de Bohemia” que ao mirarse nos espellos do Calexón do Gato inventou o esperpento.

 

Mensaxe de John Malkovich para o Día Mundial do Teatro 2012:

"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.

Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que dito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a graza. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, certamente, moitos de vós estaredes obrigados a afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para ensinarnos como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós - xa que será o mellor de vós, e aínda así, darase só nos momentos máis singulares e breves - o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: Como vivimos? Boa Sorte!". (John Malkovich)

 

ENLACES DE INTERESE PARA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

dia do teatro