O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 20 días de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 20 días de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG.
Destinatarios e requisitos:
O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na Inspección Educativa.
Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada e non poden ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (anos 2012 e 2013).
Documentación necesaria
- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
- Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
- Certificación da dirección do centro na cal se xustifique que a persoa solicitante exerce actualmente nel e se especifique a disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparte.
- Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
- Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na función docente.
Máis información
Mail: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.515/ 981.546.513
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria