Gallego

Día Internacional da Biblioteca Escolar

Summary: 

O día internacional da biblioteca escolar é o momento oportuno para dar difusión ao estudo elaborado polo Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez: Bibliotecas escolares en España. Dinámicas 2005-2011.
Gallego

 

O Día Internacional da Biblioteca Escolar foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org) no ano 1999, está dentro do período lectivo tanto no hemisferio norte coma no hemisferio sur, polo que pode realizarse ao tempo en todo o mundo. 

 

A biblioteca pública de Pontevedra fai unha entrada Cartel e pregón de Laura Gallego para o "Día de la Biblioteca 2013"

O día internacional da biblioteca escolar é o momento oportuno para dar difusión ao estudo elaborado polo Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez: Bibliotecas escolares en España. Dinámicas 2005-2011. Destaca esta investigación como as bibliotecas escolares están a se converter en indicadores de innovación metodolóxica e da calidade pedagóxica dos centros, verdadeiros centros de recursos e espazos para o desenvolvemento das competencias fundamentais. É na biblioteca escolar onde o alumnado aprende a manexar estratexias de busca de información, a seleccionar, tratar e interiorizar a información, a contrastar fontes, utilizando as TIC.

 

No contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Asesoría de Bibliotecas Escolares elixiu para este curso 2013/2014, o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, para dar relevancia á lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

DIA DA BIBLIOTECA
BANER DIA BIBLIOTECA
BIBLIOTECAS ESCOLARES EN ESPAÑA
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA
CARTEL BIBLIOTECA
fileteame 2p2

Maletas Viaxeiras

Summary: 

No CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS á disposición das bibliotecas escolares.
Gallego

No departamento de bibliotecas escolares do  CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, á disposición dos centros educativos: 

  • 1 maleta de POESÍA destinada fundamentalmente a PRIMARIA (CEIP ou CPI)
  • 1 maleta con documentación específica sobre lectura e bibliotecas, para información e formación do profesorado.
  • 1 maleta de Banda Deseñada que contén unha selección de cómic e novela gráfica. Destinada aos centros de ensino secundario.

Desde a sección do departamento de bibliotecas escolares desta páxina pódense descargar, en pdf, os folletos, elaborados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, de cada unha destas maletas. Nos folletos está a relación de documentos que conteñen e tamén ligazóns de interese relacionadas co tema e orientacións para a súa utilización.

Os centros interesados terían que facer unha solicitude, cubrir un impreso e encargarse de recoller e devolver a maleta. A experiencia de cursos anteriores foi moi positiva. Esperamos que neste sigan viaxando para lles tirar o mellor proveito posible.

Maletas Viaxeiras
Maletas viaxeiras da Asesoría de bibliotecas escolares

PLATEGA. Formación en rede para o curso 2013/2014

Summary: 

Podedes consultar os cursos en rede que organizará o CAFI para o curso 2013/2014
Gallego

Despois da publicación do Plan Anual de Formación do Profesorado xa se coñecen os cursos en rede que se celebrarán para o seguinte curso a través da Plataforma Telemática Galega (PLATEGA). Co fin de facilitar a súa búsqueda podedes consultar esta ligazón:

platega 2014

Xornadas e eventos autonómicos para o curso 2013/2014

Summary: 

Podedes consultar as xornadas e eventos autonómicos que organizará o CAFI para o curso 2013/2014
Gallego

Despois da publicación do Plan Anual de Formación do Profesorado xa se coñecen as xornadas e eventos autonómicos que se celebrarán para o seguinte curso. Co fin de facilitar a súa búsqueda podedes consultar esta ilustración ou consultar estas ligazóns:

Eventos e congresos 2013 2014
eventos20132014

Plan anual de formación do profesorado 2013/2014

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2013/2014.
Gallego
plan anual 2013 2014

VI Xornada dos Clubs de Lectura. Materiais

Summary: 

Acceso aos materias da VI Xornada dos Clubs de Lectura
Gallego

 O venres 31 de maio, na EGAP de Santiago de Compostela, celebramos a VI Xornada dos Clubs de Lectura coa participación dos 222 coordinadores dos Clubs de centros públicos de Galicia

A conferencia inaugural, Os criterios para seleccionar lecturas para adolescentes, estivo a cargo de Gemma Lluch, Doctora en Filoloxía e Premio Extraordinario de Doutoramento, Profesora Titular do Departament de Filologia Catalana  da Universidade  de València.

Na mesa de experiencias, Participar nun club de lectura serve para adquirir competencias imprescindibles, participaron como relatores Begoña Valdés. IES Ramón Otero Pedrayo. A Coruña; Jullio Abalde. IES Ribeira do Louro. O Porriño (Pontevedra);Almudena Platero. IES Xesús Ferro Couselo. Ourense; e Delio Chao. CPI Luís Díaz Moreno. Baralla (Lugo).

Xosé R. Lois disertou sobre Lectura social. Rede social ao servizo da lectura. E presentou a páxina REDELIBROS, rede social galega do libro.

Na primeira sesión da tarde os responsables dos clubs de lectura reuníronse arredor de catro eixos temáticos:

  • Lectura social. Sociedade lectora. Moderado por Ricardo de la Torre do IES Sanxenxo

  • Lusofonía e linguas nos clubs de lectura. Modera do por Joseph Ganime da  EOI de Lugo

  • Lectura, valores, voluntariado. Moderado por  Adelia Troncoso do  IES Val do Tea (Ponteareas)

  • Recursos dixitais e medios audiovisuais ao servizo da lectura. Moderado por Nine Paz do CPI O Progreso (Catoira) 

Marcos Calveiro pronunciou a conferencia de clausura sobre o tema: Ler, escribir, amar.
O remate da xornada foi a intervención de Cándido Pazó.

As fotos e materias desta xornada están dispoñibles en redeBE, a Aula Virtual da Asesoría de bibliotecas escolares,entrando como convidado.

 

CLUBES DE LECTURA

Cursos de verán 2013

Summary: 

Cursos de verán organizados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:
 
 http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/1036-cursos-de-verano-2013

cursos veran intef
cursos veran intef

Vídeo "Mostra do Ensino 2012"

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Gallego

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.

No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.

 

 

video mostra

Convocatoria do PLAMBE

Summary: 

Convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares no DOG de 29/05/2013
Gallego

No DOG de 29/05/2013, sae a ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013/2014.

O prazo para a presentación da solicitude remata o sábado 29 de xuño de 2013.

Pódese consultar, para máis información, o blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia

PLAMBE presentacion

VI Xornada dos Clubs de Lectura 2013

Summary: 

O venres 31 de maio celebramos na EGAP, en Santiago de Compostela, a VI Xornada dos Clubs de Lectura
Gallego

O venres 31 de maio celebramos na EGAP, en Santiago de Compostela, a VI Xornada dos Clubs de Lectura na que se darán cita os coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura de centros de ensino público de Galicia. Esta é unha actividade integrada no programa HORA DE LER para o fomento da lectura en centros de ensino, dentro do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Unha actividade aberta e voluntaria, realizada fóra de horario escolar, dirixida ás persoas que queren ler e compartir as súas impresións e opinións.

Os clubs de lectura son unha das fórmulas de fomento da lectura que máis contribúe á consolidación do hábito lector e á adquisición de competencia lectora, moi relacionada co éxito académico. 

Un espazo onde os papeis se difuminan: o alumnado e o profesorado, nais e pais, persoal non docente nos clubs con participación de adultos, todos somos persoas que len, opinan e comparten.

 

 

xornadasBE
Xornadas BE
banerxornadas