Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Curso presencial no CAFI
Mér, 13/01/2016 - 12:11
OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes.
METODOLOXÍA:
- Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
- Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
- Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.
REFERENCIA: S1503016
TÍTULO: Obradoiro de oratoria no ámbito educativo
HORAS PRESENCIAIS: 12
PRAZAS: 20
LUGAR: CAFI
Menús CAFI node R
Áreas-CAFI
- Departamentos
- Artística e deportiva
- Bibliotecas escolares
- Científico e tecnolóxica
- Científico, tecnolóxico e social
- Ensinanzas artísticas e deportivas
- Formación, innovación e internacionalización
- Formación Profesional
- Infantil e Primaria
- Linguas
- Linguas estranxeiras
- Lingüística e social
- Organización escolar e Diversidade