Día Internacional do Libro

Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.
Dom, 21/04/2013 - 22:13
23 ABRIL, DÍA DO LIBRO.
Día do libro
dia do libro

23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR. Bangkok, Capital Mundial do Libro 2013

Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.

Como cada ano, alibro UNESCO publica unha mensaxe conmemorativa. Na mensaxe deste ano, centrada nos valores do libro e a lectura, queremos destacar dúas frases:

  • O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información.

  • Esta bibliodiversidade é a nosa riqueza común, que fai do libro moito máis ca un obxecto puramente material, a saber, a máis fermosa invención do ser humano para o intercambio de ideas máis aló das fronteiras do espazo e o tempo.

 

http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-book-and-copyright-day-2013/

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Sra. Irina Bokova, con ocasión do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

UNESCO, 23 de abril de 2013

O libro, fonte de inspiración para todos

O 23 de abril, desde hai 17 anos, a UNESCO celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En todo o mundo, os Estados Membros da UNESCO celebran o poder de convocatoria do libro, que transmite a cultura dos pobos e os seus soños dun futuro mellor.
Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librerías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A cidade de Bangkok foi designada “Capital Mundial do Libro 2013” en recoñecemento do seu programa orientado a desenvolver a lectura entre os mozos e os sectores desfavorecidos da poboación. Este exemplo é unha fonte de inspiración no noso labor colectivo en defensa da diversidad
e editorial, a protección da propiedade intelectual e o acceso en condicións de igualdade á riqueza dos libros. A UNESCO participa nese labor no espírito da Convención sobre a Protección e Promoción da Diversidade das Expresións Culturais, co conxunto dos seus asociados, entre os que se atopan a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.
Este día sérvenos tamén para reflexionar sobre as transformacións que experimentou o libro a longo prazo e sobre os valores inmateria
is polos que debemos guiarnos. O libro dixital ofrece novas oportunidades de acceso aos coñecementos, cun custo reducido, en ámbitos moi amplos. O libro tradicional segue sendo unha tecnoloxía poderosa, que non sofre avarías, que podemos levar connosco e que resiste a proba do tempo. O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidade de libros e e contidos é unha fonte de enriquecemento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural. Esta bibliodiversidade é a nosa riqueza común, que fai do libro moito máis ca un obxecto puramente material, a saber, a máis fermosa invención do ser humano para o intercambio de ideas máis aló das fronteiras do espazo e o tempo.

Irina Bokova

libros

A Asesoría de bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros, celebra este día coa edición dun novo modelo de marcapáxinas cun texto orixinal da autora PAULA CARBALLEIRA 

Catro museos da Consellería de Cultura e Educación participarán no bookcrossing de máis de 3.000 volumes no Día Internacional do Libro

Os departamentos de linguas e de bibliotecas escolares do CAFI, queren sumarse a esta celebración cunha selección de bibliografía e unha fermosa historia de libros e de lectura da autoría do escritor portugués Antonio Torrado.

BIBLIOGRAFÍA SOBRE BIBLIOTECAS, LIBROS E LECTURAS.

Libro pechado

Era unha vez un libro. Un libro pechado. Tristemente pechado. Irremediablemente pechado.

Nunca ninguén o abrira, nin sequera para ler as primeiras liñas da primeira páxina das moitas que o libro tiña para ofrecer.

Quen o comprara trouxérao para a casa e, probablemente insensible ao que o libro valía, ao que o libro contiña, meteuno nun andel, ao lado de moitos outros.

Alí estaba. Alí quedou.

Un día, non podendo aguantar máis, queixouse:

Ninguén me leu. Ninguén me fai caso.

Ao lado, un compañeiro dixo:

Desconfío que, neste andel, haberá moitos outros coma ti.

É o teu caso? preguntou, ansiosamente, o libro que nunca fora aberto.

Por sorte, non aclarou o compañeiro, un respectable volume.Estou todo subliñado. Fun lido e relido. Son un libro de consulta.

Quen me dese esa sorte dixo outro libro ao lado, entrando na conversa.

A min só me botaron unha ollada, páxina si, páxina non... Pero, en fin, xa servín para algunha cousa.

Eu tamén falou, preto deles, un libriño estreito.Durante moito tempo, servinlle de taco a unha mesa que tiña un pé máis curto.

Iso non é traballo para un libro estrañouse o volume.

A falta doutro... conformouse o libro estreitiño.

Escoitando os seus compañeiros de andel, o libro que nunca fora aberto sentiu unha secreta envexa. Polo menos, tiñan algo que contar, mentres que el... Suspirou.

Non chegou á fin do suspiro, porque dúas mans o foron buscar ao recanto do andel. As mans collérono e puxérono sobre os xeonllos.

Ten debuxos ese libro? preguntou a voz dunha neniña, debruzada sobre o libro, aínda por abrir.

Vaia se ten! Moitos debuxos, moitas historias que eu che vou contar dixo unha voz máis grave, a quen pertencían as mans que escolleran o libro do andel. Comezou a miralo e, mentres pasaba as primeiras páxinas, foi dicindo:

Este libro ten unha historia. Compreino o día que ti naciches. Gardeino para ti, ata hoxe. É un libro moi especial.

Le! esixiu a voz da neniña.

E o pai da nena leu. E o libro aberto deixou que o lesen, de principio a fin.

Ás veces, paga a pena esperar.

António Torrado


 

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección