Encontos do PLAMBE

Os día 7 e 8 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares.
Mar, 12/03/2013 - 17:37
PLAMBE presentacion
Agustin Fernandez Paz
inauguracion PLAMBE

Postos en pé, os máis de cincocentos asistentes aos Encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia, ovacionaron durante varios minutos ao escritor Agustín Fernández Paz que clausurou esta actividade. Recollendo unha frase de Bibiano “agora entramos nós” lembrounos a función das bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais e o noso papel en referencia á formación lectora dos cidadáns do futuro.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, que inaugurou os Encontros o xoves 7 de marzo, deulles a benvida aos asistentes responsables das bibliotecas escolares acollidas á última convocatoria do PLAMBE; agradeceu o labor e o compromiso do profesorado co modelo de biblioteca escolar promovido pola consellería que se ven demostrando útil na formación do alumnado e no desenvolvemento das competencias básicas. Neste primeiro día contamos coa presencia de Antonio Camacho para a conferencia inaugural, "Unha biblioteca escolar útil para unha sociedade complexa",  Anna Blasco presentou unha interesante ferramenta na mesa "Informarse nun mundo en cambio. Un reto para as bibliotecas escolares". César Iglesias presentou aos asistentes as posibilidade do Proxecto Meiga. Ademais da interveción de Cristina Novoa e Pilar Sampedro para informar aos novos centros dfo PLAMBE, contamos ese día con dúas mesas de experiencias de centros

Na  xornada do día 8 de marzo, contamos coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; presidiron a mesa a subdirectora xeral de Centros, Susana Castro Barral, e o director do CAFI, Ángel Rodríguez Sánchez, xunto coas Asesoras de bibliotecas escolares, Cristina Novoa e Pilar Sampredro e a asesora do departamento de bibliotecas escolares do CAFI Leonor Mazaira.  José Manuel Pérez Tornero, vice-presidente, European Association for Viewers' Interest (EAVI), secretario Xeral, Asociación Internacional para a Educación Mediática (MENTOR), Universidade Autónoma de Barcelona,  iniciou a  sesión coa conferencia  "Novos medios, novas alfabetizacións: Estratexias e prácticas" que versou sobre alfabetización mediática e informacional. Para o conferenciante a biblioteca escolar debe ser o núcleo central da intelixencia educativa e tería que reescolarizar oa resto do profesorado. Pérez Tornero considera a biblioteca escolar como creadora do futuro e garda do pasado.

A xornada compeltouse con cinco mesas simúltaneas de experiencias e encontros por zonas.

Desde esta mesma entrada e desde o departamento de bibliotecas escolares do CAFI pódese descargar o documento: Alfabetización mediática e informacional. Curriculum para profesores.

A Asesoría de bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros ofrece, desde a súa aula virtual, acceso aos materiais dos Encontros: http://www.edu.xunta.gal/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=16