Hoxe que empeza o verán...

Hoxe que comeza o verán ,

lembramos aquela preciosa mañá

na que celabramos a

 

                    FESTA  DA  PRIMAVERA 

 

no cole : música , danza e boa compañía grazas á Hora Muse .

          GRAZAS !        PASÁMOLO MOI BEN !

 

Un coche de Policía para Infantil e 1º curso

Xusto o día que remataba o curso pasounos algo extraordinario.As nosas profes leváronnos ao  "patio dos maiores " e alí nos xuntamos cos nenos e nenas de 1º .

E alí nos atopamos con estes homes uniformados... que resultaron ser policías !

Xa os coñeciamos porque viñeran falar con nós durante o curso ,pero desta vez traían os seus coches,e eso sí que era unha novidade ! Pero para que era?

Fomos subindo de un en un ou en parellas ao coche patrulla

Ás veces eramos máis de tres,pero non nos importaba porque o estabamos pasando xenial !

Despois tocoulles aos cativos e cativas de 1º

Tamén houbo tempo para lembrar algúns sinais de Tráfico moi importantes. Cando vaiamos coa familia en coche,podemos lembralo!

E por suposto,aqueles amables policías nos falaron da seguridade,e por eso nos vedes levando chalecos reflectantes ou do outro tipo

Foi unha mañá estupenda que nos fixo esquecer que o cole remataba e non volvíamos ver aos nosos amig@ ata setembro...Encantounos  todo!

                       Moitas grazas aos amigos policías

                                    por vir cos coches ao noso cole !

 

 

 

 

Ponlle as pilas ao teu bocata , 2º curso

Desenvolveuse en 2º curso a actividade da Consellería do Mar  "Ponlle as pilas ao teu bocata" . Oa cativ@s pasárono moi ben e aprenderon moito.

Almorzos saudables ao sol,2º curso

Os nenos e nenas de 2º, ao ver que o Sol facía a súa aparición,pensaron que sería unha boa idea baixar ao patio para tomar estes petiscos tan saudables ao aire libre.Así que colleron as súas viseiras e aló que foron a pasar un bo rato mentres se alimentaban ben.Foron ben list@s!

Venres Lúdicos 6º B

Temos un alumnado que nos sorprende continuamente ... e para ben!

Tentamos buscar actividades nas que eles e elas se sintan

identificad@s ou polo menos aquelas que lles esperte un aspecto da

súa personalidade que estea aínda por descubrir...e credes que o

conseguimos desta volta? Ollade estas caras e daredes coa reposta !

                                                    Construímos motos

                                        ...  e tamén coches

 

 

Tráfico 4ºA

05/06/2018 09:00
05/06/2018 13:00

Actividade de tráfico 4ºA

Tenis de mesa

A pasada semana tivemos a oportunidade de ter unha "masterclass" de tenis de mesa, dentro do proxecto do centro CONTRATOS-PROGRAMA.
Con este proxecto búscase a prevención do abanono temperán e do absentismo escolar dos alumnos e alumnas motivándoos facendo deporte.

Nesta ocasión descobren o tenis de mesa:

 

Excursión a Avifauna

O Pasado venres 4 de maio, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fomos de excursión
a Avifauna, un parque zoolóxico que está deseñado para a realización de visitas guiadas,
mediante un percorrido a través dun coidado xardín botánico no que os participantes
poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes, repartidos
en 76 recintos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e pasámolo moi ben!!!

"Rompendo estereotipos" en Educación Infantil

Hai uns días celebramos o día da muller co lema ROMPENDO ESTEREOTIPOS, onde os nenos de infantil puideron ver que "bailar" profesionalmente non só fano as mozas.
O 8 de marzo puidemos contar coa axuda dos bailaríns de 
Gravity, e os nenos pasáronllo xenial aprendendo un BAILE, vese no seguinte vídeo:

 

 

Preparando murais para o Día do Libro.

O alumnado de 4ºA preparou murais facendo refencia ao Día do Libro. Algúns quedaron moi bonitos!

 

Día do libro

 

Hoxe, 23 de abril de 2018,  conmemoramos na escola o DÍA DO LIBRO. O alumnado de 6ºB de primaria, foi ler un conto ao alumnado de 4º A e 4º B. Para iso, xuntámonos todos na mesma aula e escoitamos con moita atención aos nosos compañeiros/as. Fixeron unha pequena representación dun pequeno conto; MARIQUIÑA, do libro Mar adiante, de María Victoria Moreno, autora á que se adican este ano as Letras Galegas. Antía, recitounos un poema que ela mesma inventou.

Moitas grazas a todos/as!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Venres lúdicos en 4ºA

O alumnado de 4ºA participou en varios xogos de mesa, entre eles  Quien es quien?, pictureka, conecta 4 e preguntados. Pasárono moi ben!

 

 

 

 

 

 

Coñecendo algúns ríos de España

Estes días puidemos desfrutar dun material de refugallo moi orixinal con:

- Unha caixa de zapatos

- Uns cables

- Dúas lámpadas.

- Unhas poucas "chinchetas".

- Unha lámina cos ríos de España.

 

Como resultado un xogo para aprender os ríos de España moi divertido, se acertas coa resposta correcta, encendese a lámpada:

contrato programa

 

Charla da policía

Dentro do programa Plan Director no que participamos,recibimos a visita dun policía nacional .A charla estaba enfocada á prevención de actitudes violenta ou de acoso a rapazas polo simple feito de ser mozas ,mais tamén se falou doutras moitas cousas

Estivo destinada a 5º e 6º curso e suscitou moitas preguntas interesantes.Foi unha charla que non só xirou en torno  ás actitudes de control dos rapaces senón tamén ás respostas que elas dean ante esa ou outra situación

Recreos dinámicos

Seguimos cos recreos dinámicos no Centro ; antes de empezar as vacacións do 2º Trimestre ,e como fóra o vento e a auga non cesaban,parece que había máis movemento e animación ! Mirade senón estes maiores de 6ºA  

E ,como non,houbo tempo tamén para unha actividade máis relaxada en grupo ou en parellas cos xogos de mesa máis clásicos e alguns outros que se foron elaborando e que resultaron igual de entretidos.