Skip to Content

Xuño 2019

infantil 3 anos : Proxecto peixes.

Como remate final do proxecto  levado a cabo neste último trimestre, -"Cabaliño de mar"- , elaboramos un acuario cos principais animais que estudiamos...

                         E quedounos así de ben !

                                                Hai  polbiños e corais...

                    Peixes espadas e cabaliños de mar...

                                       Fixemos varios acuarios...

... E así posamos moi orgullos@s dos nosos traballos !

                         Infantil , 3 anos

Infantil 3 anos e as tartarugas

Nesta ocasión os nenos e nenas de 3 anos Infantil estudiamos as tartarugas.

Sorprendeunos saber que os cangrexos son depredadores delas.

Esta é a tartaruga que fixemos na clase,esperemos que vos guste !

 

 

Proxecto peixes 5º INFANTIL

Os alumnos de educación infantil 5ºA-B (4 anos) ao longo do terceiro trimestre estivemos traballando co proxecto "Cociña e alimentos".
Preparamos pasta de sal. Coa pasta fixemos figuríñas moi chulas e tamén os peixiños dos que aprendemos algunhas curiosidades.
 

Taller de filloas

 

Outro taller que fixemos os nenos e nenas de 5 anos foi o das filloas.

Despois de oir a explicación, escribimos ou debuxamos nun folio as cousas que necesitábamos para facer unhas boas filloas.

 

Despois pasamos á acción. Comenzamos por medir todos os ingredientes da receita: auga, leite, ovos, fariña...

 

Despois chegou o turno para bater toda a mixtura.

Que canso é esto de bater!

 

 

Despois de quedar a masa ben finiña, Charo púxose a facer as filloas.

 

 

Esta saiu cunha forma ben curiosa.

A quen semella?

 

E despois de poñerlles un chisquiño de azúcar, puxémonos a comelas.

Que ricas que estaban!

 

 

 

 

A ver se podedes ver o vídeo.

 

Visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia

O venres 24 de maio, todos os nenos e nenas de E.I. do CEIP Paradai fomos de excursión a Monforte de Lemos, para visitar o Museo do Ferrocarril de Galicia.

 

Estábamos moi emocionados por facer unha viaxe tan longa, pero moitos de nós pensábamos que tamén íamos ir en tren. Que mágoa! Collimos un autobús no cole e viaxamos todo o tempo nel. Despóis enterámonos que era imposible coller un tren polo horario e non chegaríamos a tempo.

 

Esquecemos ese detalle xa que a viaxe foi moi ben: cantamos cantigas de Cantaxogos, contempramos a fermosa paisaxe chea de xestas froridas, vimos tamén cabalos e vacas nos prados. Cantas vacas!

 

E chegamos a Monforte. De camiño ao museo poidemos ver enormes niños de cigoñas, con duas ou tres cigoñas neles, feitos enriba de torres e postes da luz.

 

Xa no museo, vimos moitos trens: maquetas con vías de ferrocarril e trens como de xoguete, trens en miniatura gardados en vitrinas, locomotoras a vapor e eléctricas e o vagón no que viaxou o rei Juan Carlos I cando era un neno de dez anos e veu a España dende Portugal. Ese vagón estaba moi ben, pero vimos outro tren moi, pero que moi luxoso. Quen viaxaría nel?

 

O máis divertido foi cando nos montamos nun tren cun so vagón para facer un pequeno percorrido ata a Rotonda, onde as locomotoras poden xirar nunha prataforma para virar o sentido da marcha, ou algo así. Era tan vella a locomotora que lle costou arrincar...

 

Nas seguintes fotos xa vedes o ben que o pasamos.

 

 

Despois de rematar a visita no museo, chegou o tempo da merenda e dos xogos.

Qué ben o pasamos!

 

 

Paseo pola contorna do Río Rato

 

 

   O venres 12 de abril os nenos e nenas de E. I. fixemos unha ruta polo Río Rato. O alumnado de 5 anos tamén levamos un caderno de campo para marcar con pegatinas as prantas (herbas e árbores) e animais que atopábamos mentras observábamos a natureza: sauce chorón, cerdeira, loureiro, dente de león, por poñer unhos poucos. Non atopamos algúns animais que viñan no caderno, pero si os seguintes: formigas, abellas, merlos, pegas, caracois...

Rematamos o paseo nun parque infantil, onde xogamos despois de comer a nosa merenda.

 

 

 

 



by Dr. Radut