Skip to Content

Educación plástica

Ovos de Pascua

O 22 de marzo, xusto antes de comenzar as vacacións de Semana Santa, xogamos ao xogo de atopar os ovos de Pascua, agochados no campo de infantil...

 

8M en infantil: Yayoi Kusama

Este ano adicamos a data do 8 de marzo á artista xaponesa Yayoi Kusama, facendo puntos de diferentes cores e tamaños...

 

 

Taller de adornos de Nadal

Durante a última semana de clases, antes das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 3 e 4 anos participamos nun taller de adornos de Nadal, feitos con masa de pan. Alí voou a fariña a torto e dereito, jajaja. Pasámolo moi ben, e o resultado quedou moi chulo. Cando estiveron secos, os pintamos con purpurina.

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro de postais de Nadal

Levamos para as nosas familias unhas P O S T A I S de N A D A L feitas por nós que cremos que van ser un éxito !

 

Un pouco de Mates , moita atención... a algo de axuda , que nunca vén mal !

 Moitas grazas a todas as profes que fixeron que todo nos quedara tan ben !

Case todo preparado : 6º curso decora as aulas

Entre exame e exame  os maiores do cole tamén tiveron tempo para

recoller ideas, buscar  material ,repartir tarefas para organizarse mellor

e  así , entre tod@s , decorar as súas aulas

 

 Estilos diferentes , traballos máis ou menos avanzados ,tarefas distintas ... ; cada quen vai aportando porque ninguén é imprescindible .

 

 

E seguimos cumprindo co protocolo Covid,como vedes !

 

O Traxe Galego visto por 6º curso Infantil

Queremos compartir con vós a aportación dos máis pequen@s do cole á dignificación do Traxe Tradicional Galego.Para el@s é algo natural levalo,non só polo Día das Letras ,senón temén en calquera outra ocasión de celebración !

Fixádevos que ben lles quedaron estes dous raparig@s lucindo estes

fermosos traxes con esas preciosas cores !


                        

                              Moitas grazas, gostamos moito!

Muller e Arte

O grupo de 6ºB presentounos este mural de Mulleres que Fixeron Historia con motivo do 8 de marzo.Elexiron a Georgia O´keeffe e a Hedy Lamarr

 

Conseguiron reproducir perfectamente o espírito da artista americana ,ollade que ben lles quedou !

 

Traballando o Entroido en 1ºA

Os días previos ao desfile de Entroido son de moita expectación,e nada mellor que un pouco de Plástica para templar os ánimos ao tempo que fomentamos o gusto pola expresión artística.

Cremos que estes alumn@s de 1º A están moi content@s con esta actividade e xa agardan con ganas o Entroido do ano que vén!

Entroido en 2º

Preparan o Entroido os nenos e nenas con  ganas  e ilusión.Mentres

idean os seus disfraces ,na clase fixeron unhas carautas  moi chulas!

Ollade aquí o grupo de 2ºB como posa orgulloso do feito !

   E como nos gustou o que lles dixo a profe do outro 2º aos seus

   alumn@s: "2º A tamén antroidamos"! E meu dito,meu feito:coas

   pinturas na man,colorearon as carautas con bo humor !

Nesta foto de abaixo  xa os podemos ver disfrazados e agardando

para ir ao Desfile de Antroido no pavillón.Estaban desexando bailar e

pasalo ben!

 

 

2ºB PREPARA O DÍA DA PAZ

Tamén se animaron os pequen@s de 2º B a facer no corcho o que

antes lles explicara a súa mestra:tod@s xuntos co noso graíño de

area, formamos algo tan grande e importante como a PAZ.

Ao día seguinte puxeron xunto con outros compañeir@s de 2ºA

as súas frases  no Simbolo da Paz,esperando con tranquilidade

     

   A verdade é que as súas mestras quedaron moi contentas !

 

 

TRABALLANDO O DÍA DA PAZ EN 4ºB

Os días previos á celebración do Día da Paz no cole,os nenos nenas 

de 4º B estiveron falando coa súa mestra do que a paz significa ,e 

para mellor expresalo,elaboraron este fermoso mural que quixeron 

compartir con tod@s nós.Moitas grazas!

Máis tarde foron cos seus poemas para colocalos no Símbolo...

E leron algúns deles con moito xeito.Quedoulles moi ben todo! 

 

VACACIÓNS

             A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PARADAI

                            DESÉXAVOS FELICES FESTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut