Skip to Content

Instalacións

Humanización do Centro

Como vedes nas fotos, hoxe no noso cole @ceipparadai fixemos uns cambios nas aulas para garantir que os nosos nenos e nenas con TEA poidan estar moito máis a gusto.

Porque como di Temple Grandin :

Si estoy en un lugar ruidoso no puedo entender lo que la gente me dice, porque soy incapaz de filtrar el ruido de fondo” 

E un dos nosos obxectivos como Centro é precisamente ,facilitar un entorno de aprendizaxe baseado nas necesidades e características do alumnado, aportando seguridade e fomentando as súas potencialidades.

 

Grazas a @tenis_as_termas démoslle outro uso ás pelotas que xa non valían.

 

Pictogramas inclusivos

A inclusión e a atención á diversidade son dous principios moi importantes no noso centro ; por ese motivo colocamos nas portas  pictogramas para facilitar a vida e os deprazamentos dos nosos pequenos!

 

 

 

Visita a nova biblioteca

O pasado mes de outubro, despois de meses preparando a sorpresa, os alumnos e alumnas de INFANTIL, 1º, 2º e 3º de PRIMARIA, coñeceron a nova Biblioteca.

 

 

Para ese día tan especial para o noso Centro, contamos cunha contacontos, Alba, que nos deleitou co conto "Oito patas":

 

Os nenos e nenas gozaron da historia:

e tamén dicir, que polas caras de sorpresa que tiñan ao entrar, encantoulles a NOVA BIBLIOTECA!!!

 

 

As escaleiras da entrada do centro: A INCLUSIÓN.

Seguimos traballando nunha contorna máis inclusiva, desde agora, cada día o noso alumnado pode ler estas frases ao subir á súa aula:
- O imposible é o que non se intenta.
- Todo será máis doado se sabemos convivir co do lado.
- Respetamos aos compañeiros.
- Ser bo amigo e compartir.
- Se non pelexamos todo é mellor.
- Axudamos e compartimos.
- Xuntos somos felices.
- Se non pelexamos é mellor. (Texto escrito a man alzada por unha compañeira)


E tamén en castelán:


- Ayúdame y te ayudaré.
- Por favor & gracias.
- El ❤️no entiende de colores.
- Si me sonríes te sonrío.
- Convivir es admitir las diferencias.
- Compartiendo no hay problema.
- Debemos impedir que las diferencias nos separen.
- Respétame y te respetaré.


 

Xogos no patio exterior

Entre as melloras do centro este curso, atópanse os xogos no patio exterior, que axudan a mellorar a convivencia entre o alumnado.

Queres coñecer o noso centro?

CEIP PARADAI
Distribuir contido


by Dr. Radut