Skip to Content

Orientación

Vídeo Xogo simbólico – Adquisición de Linguas

Rematamos o curso 2020/2021 na aula de Adquisición de Linguas traballando as habilidades sociais. Mediante a utilización deste xogo simulamos situacións reais nas que se pode atopar o alumnado na súa vida cotiá. Desta forma traballamos a estruturación da linguaxe, vocabulario, interacción social, etc. dándolle un uso práctico.

Vídeo Dobble – Adquisición de Linguas

Seguimos aprendendo na aula de Adquisición de linguas e desta vez centrámonos na adquisición de vocabulario. Facendo uso deste coñecido xogo pódese traballar unha gran cantidade de contidos como poden ser os alimentos, as vestimentas, os obxectos cotiás, os medios de transporte, etc. A maiores disto, traballamos a atención, a percepción visual, a impulsividade, o traballo en equipo e o seguimento de quendas.

Expresión oral – Adquisición de Linguas

Continuamos traballando na aula de Adquisición de Linguas e desta vez, centrámonos na expresión oral espontánea. Isto axudaralle ao noso alumnado a mellorar os seus intercambios comunicativos e por conseguinte, acadar unha mellor participación e interacción no entorno escolar e social. Facendo uso deste xogo magnético, o alumnado crea diferentes paisaxes nas que se atopan diferentes animais. Traballaremos a partir da súa composición o que ocorre e como interactúan os animais entre si. Cando utilizamos as producións propias do alumnado melloramos a súa motivación,seguridade, intencionalidade comunicativa, así como a atención.

Expresión oral – Adquisición de Linguas

Vídeo Descricións “¿Quién es quién?" – Adquisición de Linguas

Na aula de Adquisición de linguas están a traballar co coñecido xogo “¿Quién es quién?” para coñecer e facer uso de novo vocabulario. A través deste xogo pódese traballar unha gran cantidade de contidos como poden ser os trazos físicos, a vestimenta,  os accesorios, as cores, etc. A maiores disto, traballamos a atención, a percepción visual, o seguimento de instrucións e a tolerancia á frustración.

Estruturación da linguaxe – Adquisición de Linguas

Continuamos aprendendo na aula de Adquisición de Linguas e neste caso, centrámonos na estruturación da linguaxe. Unha vez adquirido o vocabulario básico, é necesario comezar a estruturar frases sinxelas, moi importante para que a comunicación sexa efectiva. Algunha das principais dificultades que ten o alumnado é a concordancia de xénero e número, a omisión de nexos e a conxugación de tempos verbais. Facendo uso destas tarxetas comezamos por frases simples e imos incrementando o número de tarxetas para ampliar as frases. O alumno/a fará uso do timbre/pulsador cando remate unha frase, como elemento lúdico. Grazas a esta actividade, traballamos a maiores da estruturación da linguaxe, a atención, vocabulario, interacción social.

Estruturación da linguaxe – Adquisición de Linguas

Panel de luz - Adquisición de Linguas

Desde a aula de Adquisición de Linguas están a traballar a iniciación á lectoescritura desde unha perspectiva máis lúdica. Para iso facemos uso dun panel de luz no cal o alumnado coloca as grafías, creando así palabras simples e buscando novas posibilidades para crear outras novas. Grazas as divisións que nos ofrece o panel traballamos a direccionalidade na escritura (moi importante para o alumnado cuxa lingua materna é o árabe). Nesta actividade, traballamos a lectoescritura, a orientación visoespacial, a atención e a motricidade fina.

Panel de luz - Adquisición de Linguas

Xogos de rol – Adquisición de Linguas

Seguimos aprendendo novas cousas na aula de Adquisición de Linguas e desta vez centrámonos nas habilidades sociais. Cando estudamos unha nova lingua debemos comezar ensinando vocabulario funcional que se utilice en situacións cotiás da vida diaria. Mediante a utilización deste xogo aprendemos vocabulario sobre alimentación, traballamos a expresión oral e escrita, realizamos xogos de rol (cliente, camareiro, cociñeiro) a maiores de mellorar a atención, o control da impulsividade e o seguimento de quendas.

Xogos de rol – Adquisición de Linguas

As emocións – Adquisición de Linguas

Cando traballamos con alumnado de recente incorporación ao sistema educativo español, é de gran importancia ofrecerlles a forma de expresar o que senten, como se atopan ou o que desexan, polo que as emocións son parte fundamental do vocabulario básico. Mediante a utilización da Pizarra Dixital Interactiva (PDI) da que dispoñemos na aula de Adquisición de Linguas podemos realizar actividades interactivas que axudan ao alumnado a identificar as emocións, para a súa posterior xestión eficaz. Grazas a esta actividade podemos traballar a atención, a lectura, vocabulario, así como as emocións, tan importantes neste curso marcado pola situación sanitaria.

As emocións –  Adquisición de Linguas

Matemáticas manipulativas – Pedagoxía Terapéutica

Iniciarse na suma ás veces non é doado por iso se deixamos ao noso alumnado manipular e experimentar o aprendizaxe é máis simple. Aquí tedes unhas imaxes dunha das sesións de hoxe na que ademáis nos adaptamos aos gustos do neno deixándolle poñer os resultados cos selos de números. Que vos parece?

Matemáticas manipulativas – Pedagoxía Terapéutica

Puzzle método global lectoescritura – Adquisición de Linguas

Na aula de Adquisición de Linguas do CEIP Paradai están a traballar a lectoescritura a través do método global. Este traballa con palabras, facendo uso de apoios visuais (imaxes) que o alumno/a identifica e lle permite comprender o concepto desde o comezo. Na medida de que o alumno/a avance pasarase a eliminar o apoio visual. A través desta actividade traballamos, a maiores da iniciación á lectoescritura, a percepción visual, a orientación visoespacial, a atención e a motricidade fina.

Puzzle método global lectoescritura – Adquisición de Linguas

Lince – Adquisición de Linguas

Continuamos traballando na aula de Adquisición de linguas e desta vez centrámonos na adquisición de novo vocabulario. A través deste coñecido xogo pódese traballar unha gran cantidade de contidos como poden ser as cores, as cantidades, os obxectos cotiás, os animais, os alimentos, os medios de transporte, a vestimenta, etc. A maiores disto, traballamos a atención, a percepción visual, a impulsividade, o traballo en equipo e a tolerancia á frustración.

Lince – Adquisición de Linguas

Xogos educativos – Adquisición de Linguas

Desde a aula de Adquisición de Linguas do noso centro mostran unha forma lúdica de iniciar ao alumnado na lectoescritura. Facendo uso dunha adaptación dun coñecido xogo, os alumnos/as deben identificar as grafías das letras á vez que as asocian a un son. Grazas a este xogo traballamos, a maiores da lectoescritura,  a atención, a percepción visual, a discriminación auditiva e a motricidade fina.

Xogos educativos – Adquisición de Linguas

Pulsadores - Pedagoxía Terapéutica

Seguimos aprendendo un día máis no CEIP Paradai e disfrutando dos novos materiais que nos están a chegar estos días. Aquí podedes ver unhas imaxes do día de hoxe no que traballamos a clasificación de palabras atendendo ao xénero e o número, asemade tamén traballamos a atención e o control dos impulsos xa que soamente podemos pulsar un pulsador cando comeza o tempo e premendo a resposta correcta.

Pulsadores - Pedagoxía Terapéutica

Mesa de luz - Pedagoxía Terapéutica

Que sorte temos no CEIP Paradai que temos unha nova mesa de luz nunha das nosas aulas! Como podedes ver traballamos distintos aspectos empregando diferentes materias que axudaron aos nosos nenos e nenas a aprender dun xeito distinto; pero non soamente traballamos aspectos relacionados coas linguas e as matemáticas, se non que tamén traballamos a psicomotricidade fina e a estimulación sensorial con arroz e tamén deixamos voar a nosa imaxinación facendo debuxos entre todos fomentando así o traballo colaborativo.

Mesa de luz - Pedagoxía Terapéutica
Distribuir contido


by Dr. Radut