Na aula de Adquisición de linguas están a traballar co coñecido xogo “¿Quién es quién?” para coñecer e facer uso de novo vocabulario. A través deste xogo pódese traballar unha gran cantidade de contidos como poden ser os trazos físicos, a vestimenta, os accesorios, as cores, etc. A maiores disto, traballamos a atención, a percepción visual, o seguimento de instrucións e a tolerancia á frustración.