Co gallo do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, despois de traballar algún experimento relacionado ca auga durante a semana do 6 ao 10 de febreiro, o venres 10 o alumnado de Educación Infantil fixemos unha demostración dos mesmos ante os compañeiros de primaria.
O Arco da Vella cos nenos de 3 anos:
Flotabilidade cos nenos de 4 anos:
Contaminación da Auga e Ceo estrelado cos nenos de 5 anos:
O venres, 27 de xaneiro, o alumnado de 6º de E. Infantil do noso Centro vivimos unha aventura no Aquarium Finisterrae (A Coruña).
Qué ganas tíñamos de ver o mar, aínda que fose no inverno!
Nada máis chegar ao noso destino, ca famosa Torre de Hércules ao fondo, recibiunos unha monitora moi simpática (Goretti se chamaba?) que nos deu a benvida, e durante toda a visita explicounos moitas cousas interesantes dos animais mariños que estábamos a ver: medusas pequeniñas que cambiaban de cor; iso era porque son máxicas e conceden desexos aos nenos e nenas que llos piden en silencioooo. Había tamén cabaliños e estrelas de mar, anémonas cos seus veciños os peixes pallasos (como o famoso Nemo dos debuxos), ovos de tiburóns e mantas raias, sepias e meros, polbos, e moitos máis peixes, grandes e pequenos, dos que non lembramos os nomes. Rematamos a visita dentro do edificio vendo o acuario onde Gastón, o tiburón máis grande do museo, nada entre outros peixes pacíficamente, mentras os coidadores, Diego e Clara, bucean para darlles a comida.
Fora do edificio, nunhas piscinas con auga de mar, asistimos ao xantar das divertidas focas.
Qué ben o pasamos!
Aí vai unha chea de fotos.
Explicando qué son as barbas das baleas
Non se aprecian moi ben, pero son medusiñas
Ovos de tiburón, raia (os de arriba) e doutro peixe...
Rincón da creatividade.
Móbiles feitos con obxetos atopados nas praias, costas, cando se estaba a limpialas.
O mércores 18 de xaneiro foi un día moi especial para o alumnado do CEIP Paradai. A estación do inverno trouxo o mellor xogo para os pequenos: as bolas de neve.