Skip to Content

Visita ao Aquarium Finisterrae

O venres, 27 de xaneiro, o alumnado de 6º de E. Infantil do noso Centro vivimos unha aventura no Aquarium Finisterrae (A Coruña).

Qué ganas tíñamos de ver o mar, aínda que fose no inverno!

Nada máis chegar ao noso destino, ca famosa Torre de Hércules ao fondo, recibiunos unha monitora moi simpática (Goretti se chamaba?) que nos deu a benvida, e durante toda a visita explicounos moitas cousas interesantes dos animais mariños que estábamos a ver: medusas pequeniñas que cambiaban de cor; iso era porque son máxicas e conceden desexos aos nenos e nenas que llos piden en silencioooo. Había tamén cabaliños e estrelas de mar, anémonas cos seus veciños os peixes pallasos (como o famoso Nemo dos debuxos), ovos de tiburóns e mantas raias, sepias e meros, polbos, e moitos máis peixes, grandes e pequenos, dos que non lembramos os nomes.  Rematamos a visita dentro do edificio vendo o acuario onde Gastón, o tiburón máis grande do museo, nada entre outros peixes pacíficamente, mentras os coidadores, Diego e Clara, bucean para darlles a comida.

Fora do edificio, nunhas piscinas con auga de mar, asistimos ao xantar das divertidas focas.

Qué ben o pasamos!

Aí vai unha chea de fotos.

 

Explicando qué son as barbas das baleas

Non se aprecian moi ben, pero son medusiñas

Ovos de tiburón, raia (os de arriba) e doutro peixe...

Rincón da creatividade.

Móbiles feitos con obxetos atopados nas praias, costas, cando se estaba a limpialas.

As piscinas das focas

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut