Estivemos practicando xogos romanos no colexio para presentarnos á competición celebrada na Casa da Música. Os gañadores foron a Astorga a competir contra outros centros. Noraboa!
A semana do 25 de abril é a Semana de Acción Mundial pola Educación, que este ano ten o obxetivo de alzar a voz polo profesorado. As alumnas de Educación Social viñeron a realizar unhas actividades cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria para darlles a coñecer a Campaña e a importancia do traballo do profesorado.
O alumnado de 3º de Primaria participou nun escape room elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, recollendo pistas pola biblioteca que lles deran información sobre a homenaxeada do Día das Letras Galegas deste ano, Xela Arias.
O alumnado de 3º de Primaria, coincidindo co estudo das plantas en Ciencias Naturais, fixo unha plantación de sementes de liño para que viran como se desenvolven as sementes ata dar lugar a unha planta.
O alumnado de 3º de Primaria este ano decidiu disfrazarse de turistas, porque o Camiño de Santiago non só atrae a peregrinos senón tamén moitísimos visitantes. Aquí vos queda unha mostra de como foron evolucionando os complementos dos nosos disfraces.