Skip to Content

Blogue de mariaj

Contacontos Ana Meilán

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Meilán, que nos amenizou cos seus contos unha día tan sinalado para galegos e galegas. 

Kamishibai en inglés

Con Lillie como narradora, o alumnado de 6º xunto con outros compañeiros/as do centro, interpretaron un conto neozelandés. Que ben se desenvolveron usando a lingua de Shakespeare!!

Robótica aplicada ás matemáticas

Aproveitando que tivemos a Carlota no cole facendo prácticas, durante varios días algúns alumnos e alumnas de 6º recibiron formación sobre robótica aplicada ás mates. Creo que lles encantou!!.

Visita a Equigal

O pasado 6 de maio tivemos a oportunidade de visitar Equigal no Pazo de Feiras e Congresos. Recibimos información sobre o mundo dos cabalos e logo puidemos probar as nosas habilidades como xinetes. Foi toda unha experiencia!!!

Visita a Leite Río

O pasado 14 de marzo fomos a unha das plantas de Leite Río no polígono do Ceao a facer unha visita. Ata conseguimos ordeñar unha vaca de mentira!!! A ver se sodes capaces de identificar ao voso/a granxeiro/a!!

Formación RCP

Hoxe tivemos a sorte de recibir unha formación de RCP no centro. Moitas grazas a Rubén por cambiar o seu alumnado na universidade e vir darnos este pequeno curso.

Día de Rosalía

Hoxe, Día de Rosalía, tivemos a grandísima sorte de que nos acompañase no seu aniversario. Que sorpresa máis grata levamos!!! Moitas grazas, Rosario. Gústanos que nos visites!!!

  

 

Entroido maorí

Como o tema do proxecto de centro deste curso era Nova Zelandia, que mellor para celebralo que disfrazarnos de maorís. Así quedamos!!

 

Visita a A Coruña (Aquarium Finisterrae e Planetario)

O día 30 de xaneiro realizamos a nosa excursión de fin de curso. Si, xa sei que é moi cedo pero as circunstancias requeríano así. Visitamos o acuario e o planetario, e creo que alumnos e profes o pasamos francamente ben. 

Obradoiro Escola sen Violencia

Ao largo desta semana imos celebrar varias sesións dun obradoiro contra a violencia. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: 

Ensaio Helio

O alumnado de 5º e 6º está a realizar un novo ensaio para actuar como o curso pasado no centro, conmemorando o pasado romano da nosa cidade. 

Eclipse

Aínda que a eclipse de hoxe será parcial, o interese dos alumnos de 5º de primaria foi total, así que estivemos lendo noticias e facendo actividades relacionadas co tema. Sabíades que en 2026 en Galicia poderemos vivir unha eclipse total única en 575 anos? Tócanos esperar!!!

Jane Goodall

Hoxe, 3 de abril, celebramos en 5º B o 90 aniversario de Jane Goodall, coñecida etóloga que adicou parte da súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés e á loita pola conservación e o benestar animal. Despois de visionar o seu documental "El viaje de Jane" seguimos aprendendo un montón de cousas sobre esta marabillosa muller. Noraboa "institutojanegoodallesp.

Dia Mundial do Autismo

Hoxe en 5º fixemos unha actividade polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. 

8M

Durante os días previos ao 8M, en 5º de primaria estivemos traballando cun material creado por @mestraru, o cal nos deu a oportunidade de coñecer a diferentes mulleres da historia de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut