Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Meilán, que nos amenizou cos seus contos unha día tan sinalado para galegos e galegas.
Con Lillie como narradora, o alumnado de 6º xunto con outros compañeiros/as do centro, interpretaron un conto neozelandés. Que ben se desenvolveron usando a lingua de Shakespeare!!
Aproveitando que tivemos a Carlota no cole facendo prácticas, durante varios días algúns alumnos e alumnas de 6º recibiron formación sobre robótica aplicada ás mates. Creo que lles encantou!!.
O pasado 6 de maio tivemos a oportunidade de visitar Equigal no Pazo de Feiras e Congresos. Recibimos información sobre o mundo dos cabalos e logo puidemos probar as nosas habilidades como xinetes. Foi toda unha experiencia!!!
O pasado 14 de marzo fomos a unha das plantas de Leite Río no polígono do Ceao a facer unha visita. Ata conseguimos ordeñar unha vaca de mentira!!! A ver se sodes capaces de identificar ao voso/a granxeiro/a!!
Hoxe tivemos a sorte de recibir unha formación de RCP no centro. Moitas grazas a Rubén por cambiar o seu alumnado na universidade e vir darnos este pequeno curso.
Hoxe, Día de Rosalía, tivemos a grandísima sorte de que nos acompañase no seu aniversario. Que sorpresa máis grata levamos!!! Moitas grazas, Rosario. Gústanos que nos visites!!!
O día 30 de xaneiro realizamos a nosa excursión de fin de curso. Si, xa sei que é moi cedo pero as circunstancias requeríano así. Visitamos o acuario e o planetario, e creo que alumnos e profes o pasamos francamente ben.
Aínda que a eclipse de hoxe será parcial, o interese dos alumnos de 5º de primaria foi total, así que estivemos lendo noticias e facendo actividades relacionadas co tema. Sabíades que en 2026 en Galicia poderemos vivir unha eclipse total única en 575 anos? Tócanos esperar!!!
Hoxe, 3 de abril, celebramos en 5º B o 90 aniversario de Jane Goodall, coñecida etóloga que adicou parte da súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés e á loita pola conservación e o benestar animal. Despois de visionar o seu documental "El viaje de Jane" seguimos aprendendo un montón de cousas sobre esta marabillosa muller. Noraboa "institutojanegoodallesp.
Durante os días previos ao 8M, en 5º de primaria estivemos traballando cun material creado por @mestraru, o cal nos deu a oportunidade de coñecer a diferentes mulleres da historia de Galicia.