Skip to Content

Complementarias

Hora MUS-E 3º primaria

O alumnado de 3º de Primaria está a participar, por primeira vez no centro e na provincia, no Proxecto MUS-E, cun resultado moi satisfactorio.

 

Mar da Paz 3º

O alumnado de 3º contribuíu ao Mar da Paz coas súas botellas con información sobre John Lennon e Rigoberta Menchú. Pasámolo moi ben elaborando o mural!!

Concerto singular 3º-4º Educación Primaria


Que haxa unha pandemia non significa que non podamos facer actividades culturais que nos trasladen a outros lugares sen saír das nosas aulas.
O outra día o alumnado de 3º e 4º trasladáronse de xeito virtual a Vigo para poder participar na actividade “Concerto singular” organizado por @afundacion_org , e temos que dicir que disfrutamos moito da actividade e tamén de charlar un pouco cos artistas que nos adicaron un tempo para poder responder a todas as nosas dúbidas.

Samaín en Primaria

Mirade que guapos viñeron @s nos@ alumn@s alegrarnos a mañá para celebrarmos todos xuntos o Samaín!!

 

Entroido

O pasado mes de febreiro, celebramos o entroido, e todos viñamos disfrazados coa temática do proxecto deste ano: MARTEA (salvemos o mar, a terra e o aire), para elo fixemos desfraces con materiais de refugallo, aquí un pequeno video do desfile dende Infantil ata primaria:

 

Ponlle as pilas o teu bocata 3º e 4º Primaria

O alumnado de 3º e 4º de Primaria, disfrutaron do programa PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA,un Programa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia  para promocionar o consumo e alimentos do mar en conserva entre o público máis novo.

 

 

Tráfico 4ºA

O pasado 6 de febreiro os nenos e nenas de 4ºA de Primaria, tiveron unha clase práctica de tráfico, en Frigsa.

O pasaron en grande, e mentres esperaban a súa quenda, xogaban o xadrez.

O pasaron en grande, e mentres esperaban a súa quenda, xogaban o xadrez.

Saía de 5º e 6ºA ó oceanográfico de Vigo en Lugo

O pasado venres 21 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria acercouse á Deputación para levar a cabo uns talleres para acercalos ás actividades que se desenvolven no oceanográfico de Vigo. 

 

 

Charla contra o acoso e os riscos na rede 5º e 6º de Primaria

Dentro das actividades que levamos a cabo no Centro ,seguimos nesta ocasión co Plan Director . O grupo de 5º curso asistiu a unha charla por parte da policía sobre o acoso escolar.

Como detectalo , como comunicalo así como algunhas pautas a seguir foron seguidas con moito interese

Os grupos de 6º curso participaron activamente na charla sobre os riscos na Internet e as súas posibles consecuencias

                          Moitas grazas por vir : resultounos moi útil !

Día da muller e a ciencia CEIP Paradai (Educación Primaria)

O día 12 de febreiro celebramos no cole o Día da muller e a nena na ciencia. Contamos con 17 obradoiros impartidos por voluntarios da USC. Nos talleres aprendemos a realizar manobras de RCP, a discriminar olores e substancias a través do tacto, descubrimos o ADN...

Moitísimas grazas a todos. Foi interesantísimo e desde logo...repetiremos!!!.

 

 

 

 

Saímos na TVG - Día da Muller e a Nena na Ciencia -

   

 

Pulse na imaxe para ler a noticia:

 

Noticia de Lugo: Día da Muller e a Nena na Ciencia CEIP Paradai

No seguinte vídeo pódese ver un resumo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, desde o punto de vista das Tic ( Servizo de Audiovisuais da Deputación e Lugo)

 

video Tic

 

 

 

Actividades no Día da Paz .

Querémosvos amosar algunhas das actividades que realizamos no Centro con motivo do Día da Paz. Comezamos elaborando corazóns con lemas e debuxos alusivos...

 

                           

E podemos dicir que moi ben o pasou o alumnado de 1º, 2º,3º e 4º co contacontos do Día da Paz ! Tiveron a sorte de que os rapaces e rapazas do IES Muralla Romana viñeron ao cole cunha estupenda historia na que participaron, riron e pasaron en definitiva un bo rato.

 

A xornada deste día tan especial rematou cantando todo o cole a canción "Ven y verás" , todo un éxito !

Deixámosvos o vídeo da actuación.A ver se gostades !

 

 

 

 

Actividade de tráfico 4º, 5º e 6º de Primaria

Os días 28 e 29 de xaneiro @s alumn@s de 4º e 5º e Primaria realizamos unha actividade no cole de Educación Vial. Despois de todo o que aprendemos, só nos quedará poñelo en práctica no PIT de Frigsa.

 

 

Educando con Malibú

O venres 24 de xaneiro no noso cole tivemos unha profe moi especial xa que veu a cadeliña Malibú desde a Casa Grande de Xanceda a ensinarnos o importante que é coidar os animais e como actuar se vemos un cadeliño abandonado!!!. Nesta actividade participamos @s alumn@s de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Desde o CEIP Paradai queremos darlle as grazas ao equipo @educandoconmalibu ( Malibú, Adriana e Laura).

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut