Skip to Content

Complementarias

O sabor da aventura está no mar

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe. Cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies que se repartiron no noso centro escolar no marco desta campaña (sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada).

Os nosos nenos de PRIMARIA aprenderon moitísimo dos Arroases:

Aprendemos moitísimo! Aquí vimos unha batea en pequeno:

 

e tamén xogamos:

 

Lugo máxico

O pasado 10 de maio tivemos un Lugo Máxico, co mago Javi Rufo, o alumnado de primeiro ata cuarto curso de primaria, gozaron dunha hora chea de maxia e risas.

 

 

 

Festival das Letras Galegas en Educación Infantil

Un bosque na maleta

Historia contada polo contacontos Brais Moure, para os nenos e nenas de E. Infantil, na mañanciña do 16 de maio de 2019.

 

Estamos a asistir a un conto máxico, que fala de meigas, de vasoiras máxicas, de xacias ...

Esto é que a meiga Chantada convídanos a viaxar con ela para vivir unha apaixoante aventura nos bosques galegos.

 

Ela sempre comenza a súa viaxe voando ca vasoira máxica, feita de madeira de albedro (madroño en castelá); polo tanto saímos todos con ela dende o aeroporto de Alvedro (agora, aeroporto de A Coruña), que colle o seu nome da árbore albedro. Preparados, listos, e a voar...

 

Na nosa viaxe coñecemos á lobiña Bea, da Pontenova. É moi amable e peludiña.

Aparece unha maleta; craro, en toda viaxe hai unha maleta... e esta maleta ten cousas prodixiosas. Ábrese, e mirade o que aparece: carrabouxos ou bugallos, que son esas boliñas que teñen alguns carballos. Tamén hai piñas, pólas de árbores como o carballo, a sobreira, a maceira brava, o bidueiro, o teixo; ulímolo todo... de teixo está feita unha variña máxica que nos mostra a meiga. Di que esa variña transforma os nenos en lobiños ... tamén atopamos unha variña de sobreira, que transforma aos nenos en arboriñas.

Qué máis había? Saca un libro xaponés, que trouxo do Xapón a meiga Chantada. Titúlase "SINRIN YOKU", ou algo parecido, e que significa BAÑOS DE BOSQUE. Nel veñen exercicios de respiración. Amósanos cómo podemos sentir os latexos do corazón, e a forma que ten de latexar ao ritmo das árbores. No libro aparece o Rei do Silencio, que cociña un conto sen palabras...

Remata dicíndonos que coa chave da imaxinación abriremos os nosos corazóns para aprender a respectar e tratar ben os bosques. Unha das cousas que lle gostan ás árbores é que lles deamos moitas apertas.


 

Despois amósanos cómo podemos aproveitar as botas vellas, para sementar nelas unha preciosa árbore, a cal medrará e medrará cando a prantemos nun bosque.

 

Qué cansos estamos! Imos a durmir unha sestiña ao carón dunha árbore...pero sen roncar... Canta o galo e despértanos. Creo que xa temos que voltar para o cole. Collemos ben a vasoira máxica de albedro, poñemos ben o casco na testa, e a voar. Sobrevoamos toda a paisaxe galega, os campos, os bosques. Vale, antes de chegar, fixemos unha paradiña á beira do Río Miño. Alí vemos unhas barcas de dornas, cos seus remos... e qué facemos? Craro, damos un paseo polo río e, mentras remamos, cantamos: "Un día atopei unha xacia...". Xa sabedes que as xacias son as mulleres-peixes dos ríos.

 

Qué ben nos sentou esta viaxe!

 

 

Dìa do libro

Compartimos con vós algunhas das actividades desenvolvidas desde a Biblioteca con motivo do Día do libro 2019 

Unha delas, a lectura e representación teatral de El Quijote por parte dos maiores de 6° curso ao resto do cole:foron aula por aula no tempo do Plan Lector ...mesmo ataviados,algo que chamou moito a atención !

Resultou todo un reto que cremos superado xa que gustou a tod@s , sorprendendo a boa interpretación d@s rapaces .

Tamén introducimos este curso como novidade , un intercambio de libros entre o alumnado de 6° curso 

 Trouxeron libros da casa coa intención que fose do agrado en temática e divertimento para os compañeir@s;viñan moi ben envolvidiños! Ian collendo sen saber que lles ía tocar !

chegado o momento de abrir  os agasallos..todo era nervios,

risos e bo  humor!

A partir do 20 de xuño: Formalización de matrícula para infantil e primaria.

Estimadas familias:

Informámoslles que o prazo de matrícula do curso 2019/2020 será do 20 ao 30 de xuño.

22 de MARZO: DÍA DA AUGA

Do 18 ao 22 de marzo, celebramos no centro a Semana da Auga, con diferentes actividades, co fin de concienciarnos da importancia da auga e do seu bo uso. 

Nas aulas leuse o libro "A camiñada de Pin e Gas".

 

 

Na aula 5ºA de INFANTIL fixeron un fanelograma para contar a historia:

Momentos entre afillados e padriños

Onte compartimos un momento de lectura cos nosos afillados, tempo de ler contos entre o alumnado de 4ºB PRIMARIA e 1ºB PRIMARIA:

Obra de teatro O RESTAURANTE FARRUCO de 5ºA

O 29 de marzo, o alumnado de 5ºA, representou a obra O RESTAURANTE FARRUCO da autora Chus Pereiro na residencia da terceira idade. 

Un gran éxito que provocou moitas risas e aplausos. 

 

ACTIVIDADE NUTRICOLES INFANTIL

Hai uns días realizamos unha actividade co alumnado de Educación Infantil que dirixiu Natalia Hospido, Dietista- Nutricionista.

Seguindo un dos obxectivos do centro de fomentar o consumo de froitas e verduras, esta vez traballamos cos sentidos: olfacto e tacto para dar a coñecer froitas e/ou verduras de tempada.

 

8 e Marzo: Día da muller

Que mellor xeito de celebrar o día da Muller que con estas representantes de todas as nenas do Centro ao pé do mural  deste ano. 

                  
                                                         Olladas de Futuro. 

O 8 de marzo , DÍA DA  MULLER acudiron ai Centro un grupo de nais.

 Querían falarnos da súa profesión e de como facían para conciliar a súa vida familiar.

Tiñan diferentes traballos: desde médica ou  apicultora ata monitora de ximnasio, contable, copropietaria dunha empresa de telecomunicacións...

... executiva, mestra,técnica de laboratorio, auxiliar de enfermería e xefa de distrito do medio rural. 

Todo foi moi ben:conseguiron engaiolarnos  coas súas experiencias! 

A verdade é que resultou ser unha charla moi amena !

 

Agradecemos moito a súa presencia e as súas palabras !

 Volvede cando queirades e grazas por compartir esto con nós !

Celebración do Entroido

Para a celebración do Entroido, a entrada do centro encheuse de máscaras feitas con material de refugallo que os nenos e nenas fixeran na casa coa súa familia:

  

E así quedaron expostas:

 

O día da festa, continuando co PROXECTO DE CURIOSIDADES DOS ANIMAIS, cada curso disfrazouse dos animais que lle correspondían.

  • En EDUCACIÓN INFANTIL os peixes:

Tivemos medusas:

Cangrexos: 

 

 Estrelas de mar:

  • Primeiro curso: as aves.

  • Segundo curso: os insectos:

  • Terceiro curso: os mamíferos.


 

  • Cuarto curso: anfibios e réptiles:

  • Quinto curso: extinguidos.

  • Sexto curso: marinos (non peixes nin mamíferos):

E finalizaron cun desfile e un ratiño de baile:

 

Semana da prensa

O alumnado da clase de 4A de Primaria celebraron a SEMANA da PRENSA.

 

semana da prensa

semana da prensa

Literatura con Marica Campo

Queremos recomendarvos un libro dunha autora luguesa,Marica Campo,a quen tivemos a sorte de recibir no cole para charlar sobre  "Unha misión para Clara", que previamente leramos na aula.Gostamos moito !

i

Como trata moitos temas e de moita actualidade,como o dos eucaliptos ,e mestura fantasía e realidade,quixemos saber en que se inspirara á hora de escribilo  e fixemos bastantes preguntas.Ela contestaba encantada !

Foi unha actividade que aproveitamos moi ben e da que nos pareceu que debería haber máis .Moitas grazas a Marica Campo por vir ao noso Centro e tamén por escribir para nen@s !

Ciencia lúdica e sen fronteiras e teatro de maiores

Onte 13 de febreiro saímos en prensa por partida dobre:

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut