Skip to Content

Complementarias

Voz Natura

O proxecto Voz Natura promove a necesidade de coñecer a biodiversidade dos bosques galegos, a súa fauna e a súa flora:

-Coñecer os beneficios directos e indirectos dos montes de Galicia.

-Sensibilizar ao alumnado da necesidade de protexer os montes.

-Promover e impulsar o respecto, coidado e goce das nosas árbores e espazos naturais.

Realizaremos actividades de plantación de árbores autóctonas: castiñeiros, carballos, abeleiras, loureiros; especies que se ven hoxe ameazadas pola rápida extensión do eucalipto. Esas plantas serán doadas para a reforestación dos nosos montes.

A realización das plantacións actúa como eixo en torno ao cal articulamos unha importante cantidade de contidos relacionados coa preservación da nosa contorna.

 

Celebración do MAGOSTO

O pasado venres 2 de novembro no colexio celebramos o magosto dunha forma especial.

A biblioteca vestiuse para a ocasión, para recibir diferentes contacontos:

Os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL representaron CORRE CORRE, CABACIÑA aos cursos de 1º e 2º de PRIMARIA:


 Os participantes da obra: 

 

Fixérono moi ben!

Velaquí algunhas fotos, entre bastidores, dos protagonistas do conto:

 

Os alumnos de de 5º e 6º leron A BESTA DA COVA:

 

E por último, os alumnos e alumnas e 2º, 3º e 4º representaron para E. INFANTIL o título A FIGUEIRA DOS  PELOSTORTOS:

 

 Despois do tempo de lecer, todos xuntos celebramos o magosto:

 

Celebramos o OUTONO e o SAMAÍN

Xa chegou o outono ao noso colexio:

E celebrámolo xunto co Samaín, cunha exposición feita de VASOIRAS, que tódolos alumnos e alumnas, trouxeron da casa, feitas de material de refugallo, e quedaron expostas na entrada do centro.

Aquí tedes un pequeno video de tooodas as vasoiras que fixeron os rapaces e rapazas:

 

 

 

Chegou o Samaín

No noso centro acabamos de celebrar o Samaín:

 

A entrada do colexio encheuse de vasoiras feitas polos nenos:

Decorando os corredores con portas arrepiantes:

(Aula de 3ºB)

Que atoparemos detrás desta porta?...

Visitáronos tamén bruxas e pantasmas:

(Aula 5ºB)

Ata morcegos:

 (Aula 3º B)

E lobos...

 (Aula 3º B)

Ata momias:

 

Un cemiterio (Aula 6ºA): 

Ata un concurso literario ( Aula 5ºA):

 

VISITA Á LONXA DA CORUÑA, 4º PRIMARIA

Os alumnos de 4º de EP tiveron a oportunidade de adquirir moitos coñecementos relacionados cos peixes na saída didáctica que fixeron o día 30 de outubro dentro do programa "O sabor da aventura está no mar“.

Primeiro de todo, na lonxa da Coruña, visitaron a sala de control policial, a sala de poxa, as salas de preparado de peixe e a sala de xeo. E tamén puideron facer unha pequena poxa.

 

 

Deseguido visitaron o mercado, onde  visualizaron  distintos tipos de peixe:

 

A visita rematou cunha degustación de produtos mariños: croqueta de pescada, pizza de sardiña e sobremesa.

Un coche de Policía para Infantil e 1º curso

Xusto o día que remataba o curso pasounos algo extraordinario.As nosas profes leváronnos ao  "patio dos maiores " e alí nos xuntamos cos nenos e nenas de 1º .

E alí nos atopamos con estes homes uniformados... que resultaron ser policías !

Xa os coñeciamos porque viñeran falar con nós durante o curso ,pero desta vez traían os seus coches,e eso sí que era unha novidade ! Pero para que era?

Fomos subindo de un en un ou en parellas ao coche patrulla

Ás veces eramos máis de tres,pero non nos importaba porque o estabamos pasando xenial !

Despois tocoulles aos cativos e cativas de 1º

Tamén houbo tempo para lembrar algúns sinais de Tráfico moi importantes. Cando vaiamos coa familia en coche,podemos lembralo!

E por suposto,aqueles amables policías nos falaron da seguridade,e por eso nos vedes levando chalecos reflectantes ou do outro tipo

Foi unha mañá estupenda que nos fixo esquecer que o cole remataba e non volvíamos ver aos nosos amig@ ata setembro...Encantounos  todo!

                       Moitas grazas aos amigos policías

                                    por vir cos coches ao noso cole !

 

 

 

 

Chegou a neve ao colexio

 

 

Os alumnos/as de Primaria de 3º, 4º e 6º, puideron disfrutar uns

minutiños da chegada da neve.

 

dÍA DE NEVE

 

 

    

En Infantil saíron moi abrigadiñ@s pisar e tocar a neve que callara

pola noite,e ... sabesdes que? Presta moito xogar así!

Vídeo resumo do Día da Paz

A nosa compañeira Rosana encargouse ,entre outras moitas tarefas, de facer as fotos e os vídeos no Día na Paz que se celebrou no cole o pasado 30 de xaneiro.

Como broche final,creou este vídeo que pensamos resume moi ben que vivimos esa mañá no Centro.

 

Moitas grazas!

 

 

MANIFESTO POLA PAZ , 6º CURSO

O martes 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz con

actuacións    musicais e lecturas de poemas entre outros

actos.Participaron maiores e cativ@s con igual interese tod@s

                                        Empeza a formarse o Símbolo da Paz

 

Ao final da mañá,@s rapaces e rapazas de 6º curso leron para  

nós o que denominaron Manifesto pola Paz,que previamente nos

presentaran nos corredores do cole

 Mais antes diso baixaron os primeiros para colocar os seus poemas

no que logo resultou ser un estupendo mural da Paz!

 

 

Mirade nos Adxuntos como lles quedou;cremos que moi ben !

 

 

 

Entroido 2017

Álbum: Sen categoría -> Entroido

TEATRO EN INGLÉS

A primeira saída deste 2018 foi para ir ver ao Auditorio Zapping,obra

de teatro en inglés para o alumnado de 4º,5º e 6º.Tod@s estiveron

moi atentos e resultoulles familiar xa que o traballaran previamente

nas clases.Volveron moi content@s!

FESTIVAL DE NADAL. VISITA DO APALPADOR

A Anpa do Centro tróuxonos ao persoeiro galego do Inverno máis querido polos nen@s e maiores. Trátase do Apalpador, que pasou un bo anaco co nós para contar a súa orixe ...

 

 Ademais, veu cargado de agasallos que foi repartindo empezando

polos máis pequen@s de Infantil,1º e 2º :

E por se fora pouco, contounos unha historia na que tod@s participamos con moitos risas e ... boa memoriaMesmo nos amosou os xoguetes que el fixo nas montañas do Courel e algúns instrumentos musicais, todos de madeira

 

                                              Grazas,Apalpador!

                                             Grazas,ANPA!

 

   

     

 

 

                        

 

QUE NOS TRAERÁ ?

  

     O Apalpador , invitado  pola ANPA , estivo cos nen@s de

   Infantil , 1º e  tamén cos 2º .

ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL ...

Primaria foi ao Auditorio a ver "Pum,Pum" de Teatro Baobab:

Seguimos cos recreos dinámicos:

Contenido sindicado


by Dr. Radut