Skip to Content

Educación infantil

Imos ó cine!

O último día deste curso, nenos e nenas do CEIP Paradai vivimos a experiencia de ir ó cine para ver a película Do revés 2.

Que emoción!

 

Ata o vindeiro curso!

Bichos e máis bichos

O entomólogo santiagués, Miguel Santamaría, veu ao noso colexio a facer un obradoiro de bichos. Falou e amosounos insectos bastante raros e outros bichos que nunca vimos. Ó principio, algúns daban algo de medo, pero a maioría dos nenos e nenas rematamos a sesión tocándoos ou colléndoos (con moito coidadiño e sen facer nin chis, para non molestalos…)

Festa do unicornio

Xa queda pouco para rematar o curso, polo que fixemos a festa do unicornio entre todos os nenos e nenas de infantil...

Algúns de nós disfrazámonos de unicornios máxicos.

 

Visita á granxa O Palomar - Láncara.

O luns, 10 de xuño, visitamos unha granxa de vacas leiteiras, chamada O Palomar, no concello de Láncara. Alí pasamos a mañá, acompañados pola cadela Lúa, escoitando as explicacións dunha persoa que traballa nela. Axudamos a achegarlles a comida cunhas vasoiras moi xeitosas. Visitamos a gardería que ten moitos becerriños, e deixáronnos darlles a mamadeira a algúns. Foi moi divertido!

Despóis de tanto traballo, deunos fame...

Logo da merenda con productos lácteos, mentras dous grupos aprendían a facer queixo, os outros dous tentaban muxir unha vaca especial... qué risa!

 

Contacontos para o Día das Letras Galegas

Co gallo do Día das Letras Galegas, o xoves, 16 de maio, a contacontos Ana Meilán veunos ver, para narrar o seu conto: "Quen vén esta noite?", ao alumnado de infantil e primeiro de primaria.

 

Saída ao parque de xogos infantís da Milagrosa

Aproveitando o bo día que ía facer, o venres 10 de maio tivemos unha saída ao parque de xogos infantís da Milagrosa. Alí pasamos  case toda a mañá indo dun xogo a outro.

Para repoñer forzas, tomamos a merenda baixo a sombra das fermosas árbores que hai.

 

Chegou a Primavera!

Co cambio de estación, o alumnado de educación infantil fixemos actividades de plástica no taller da primavera.

 

Actividades no horto

O alumnado de 6º de infantil plantamos leitugas e observamos os bichiños que habitan no horto.

 

Día Internacional do Libro Infantil e xuvenil

O 2 de abril, de volta das vacacións, tivemos un taller ca profe Alba, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

 

Celebrando o día da árbore

O 21 de marzo celebramos o día da árbore sementando algunhas sementes en macetas...

 

 

 

 

 

E qué mellor que conectar ca natureza este día que facendo ioga ó aire libre!

 

Contacontos para o 8M

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o venres 8 de marzo, tivemos a visita da contacontos Alba, quen nos contou

Las chicas pueden con todo, de Karyl Hart

 

Visita de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebrouse no noso cole, como en toda Galicia, o Día de Rosalía de Castro, xa que é a data do 187 aniversario do nacemento desta famosa escritora galega.

Non imaxinábamos que a mesma Rosalía (ou non?) nos faría unha visita a nós, nese día tan especial.

 

 

Contacontos no Entroido

Cambio contos por sorrisos!

Iso decía a personaxe Trotacuentos, do conto "El circo de los cuentos", dramatizado pola profe Alba, para o alumnado de infantil.

 

 

 

 

E colorín, colorado, este conto está ... EMPEZADO!

Infantil - Entroido 2024

Comenzamos o Entroido seguindo os mandatos do Meco...

 

 

E chegou o día central no que todos os nenos e nenas (e profes tamén) nos disfrazamos, ben disfrazados. Este ano elexiuse o lema de Nova Zelandia, e infantil escolleu o paxaro kiwi:

 

Día da Paz

Durante a semana anterior ao día da Paz, o alumnado de infantil fixemos un mural, decorando as letras do lema, e pegando as pulseiras da amizade. Entre outras cousas, aprendemos a cantar a canción "A peor xogada", do grupo musical infantil A música das baleas, que cantamos en común, con todos os nenos e nenas do noso colexio, na mañá do 30 de xaneiro.

Contenido sindicado


by Dr. Radut