Skip to Content

Educación infantil

5 ANOS A e B NA BIBLIOTECA

Como parte da programación de animación á lectura,o alumnado de 

Infantil de 5 anos A e B asistiu a un espectáculo moi especial: a 

teatralización do conto A min non me comas!.

Os actores e actrices foron un grupiño de 5º A

Pasaron máis risas que medo!

VENRES LÚDICOS

Chega outro xeito de xogar coas palabras na aula  da man dos pícar@s de 5 anos A e B :

 

Mais tamén hai tempo para o tradicional :

 

 ou o sempre divertido Twister!

 

 

 Botádelle un ollo premendo AQUÍ

 

PROXECTO DE INFANTIL

Emezan o 2018 os nenos e nenas de 5ºA de Infantil coa forza dos

MARES!

Van seguir traballando por proxectos e desta vez tócalles a Auga.

Mirade que ben lles quedou !

 

Decidiron elexir como fío condutor entre  o 1ºtrimestre e o 2º,

diferentes seres máxicos da auga e de aí saíron estas fermosas

sereas e tritóns no seu recreo do fondo do mar ...

 

TEATRO

08/02/2018 12:00

 

Saída ao Teatro:A nena e o grilo

 

ACTIVIDADES EN INFANTIL

 

O venres día 10 os nenos e nenas de Infantil viviron unha mañá moi

intensa.Primeiro foi o magosto,onde comeron castañas c@s profes

 

 

Oficios e Tradicións: APICULTURA

No referente ao Plan Proxecta "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO" serán os nenos de EDUCACIÓN INFANTIL os que traballarán os OFICIOS E TRADICIÓNS.

Comezamos co oficio da APICULTURA. 

Os cursos de 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 anos A e B), plasmaron nun mural o aprendido sobre o ciclo produtivo do mel: Dende a súa recolleita ata o envasado.

 

Pódese ver as dúas clases xuntas amosando o seu traballo:

 

Tamén estudaron as diferentes propiedades da árnica como herba medicinal e as súas aplicacións.

Todo o explicado quedou reflectido no seguinte traballo seguindo estes pasos:

- Primeiro imprimimos un debuxo da planta e lle poñemos cor.

- Practicamos a lectoescritura: 

 

- Despois recortamos o texto e o poñemos bonito sobre unhas cartolinas:

E  traballan en equipo:

- E por último rematamos a composición cos últimos toques

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut