Skip to Content

Educación infantil

Día da Paz

 En 6º de Infantil festexamos o día da PAZ empregando a arte de Picasso como medio de motivación e para rematar xornada fixemos unha festa.

 

 

 

 

 

É TEMPO DE NEVE

É tempo de neve e o alumnado de infantil fixeron con ela pegadas e siluetas de animais,bonecos...

BOTELLAS DA CALMA

   Os  nen@s de tres anos elaboraron unhas botellas sensoriais.

As botellas da calma.

ARTE OUTONAL

Os nen@s de infantil utilizaron distintos elementos naturais:follas secas,noces,castañas,piñas...propios do outono para realizar fantásticas obras de arte.

DIVERSIÓN COAS CORES

Os nen@s de infantil fixeron varias actividades lúdicas  para coñecer e experimentar coas cores.

Creamos unha fermosa flor

Os nenos/as de 3 anos este trimestre están a traballan no proxecto do horto. Aquí nos vedes disfrutando dunha das actividades propostas pola alumna de prácticas da USC.

 

PLANTANDO CASTIÑEIROS

Nas zonas verdes do colexio plantamos tres castiñeiros,unha árbore que pode superar os 1000 anos de idade e alcanzar os 25-30m de altura.

ACTIVIDADES DO INVERNO

Na estación do inverno exploramos e investigamos os estados da auga.

BO CAMIÑO PEREGRIN@S

  Os peregrin@s de infantil están preparados para iniciar o camiño coa indumentaria adecuada e elaborada con materiais reciclábel e biodegradables.

 

PLANTANDO BULBOS

Os nen@s de infantil plantaron tulipáns,muscari e paniculata.

 

 

 

XARDÍN VERTICAL

 

   Este ano o noso xardín vertical  ten plantas de folla perenne como a hedra,diosma,rhododendron...para disfrutar todo o ano da beleza que nos proprocionan estas plantas.

 

 

SEMENTANDO

Os alumn@s de tres anos sementaron castañas e belotas 

Contacontos na víspera das vacacións de Nadal

Durante a mañá do 22 de decembro, o alumnado de infantil e 1º e 2º cursos de primaria tiveron un rato moi agradable escoitando os contos que nos veu narrar a contacontos Ana Carreira. Xa eran coñecidos pola maioría dos nenos e nenas deste centro, pero nunca está de máis escoitalos de novo, e ver cómo escenifica ca súa voz e xestos eses contos tan divertidos: A cabra Montesina, Os sete cabritiños...

Aquí temos algunhas fotos que amosan o vivido nesas sesións.

 

E, para rematar, uns posados:

 

Os nenos e nenas de 6° de Infantil amosan os seus cabalos

Os nenos e nenas de 6° de Infantil amosan os seus cabalos. Estos días estivemos aprendendo moitas curiosidades sobre eles. Sabiades que poden durmir de pé e que posúen unha excelente memoria?

 


DÍA INTERNCIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES

O 3 de decembro é o Día  Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data tan importante que non se pode esquecer nin pasar por alto. Hoxe no noso centro realizamos actividades distintas co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre: qué é a discapacidade e como lograr unha sociedade inclusiva. Como podedes ver nas imaxes o alumnado de dúas aulas de educación infantil traballaron que é a discapacidade e os distintos tipos visionando videos o facendo debuxos que lles quedaron preciosos. Por certo seguir pendentes das nosas redes sociais por que ao longo destos días seguiremos facendo actividades de concienciación que seguro que vos gustarán

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut