Skip to Content

Achegamos o deporte á escola

Visita de xogadores do Club Deportivo Lugo

Na mañá do 19 de abril, xogadores do C.D. Lugo visitaron o noso centro e falaron con nós no campo do recreo. Agasalláronnos, tamén, con invitacións para ir velos no partido do domingo 23.

Faltoulles facer algún regate; quizás pensaron que éramos moi novos...

Sesións de ioga en infantil

O xoves pasado comenzamos a ter unhas sesións de ioga para os nenos e nenas de E. Infantil. Fixemos as posturas de moitos animais coñecidos por todos: tartaruga, can, gato, cobra, delfín.

Tamén fixemos o saúdo ao Sol e á Terra.

Velaí algunhas fotos.

 

Formulario de inscripción da actividade de tenis

Actividade gratuíta os meses de outubro e novembro, a partir de decembro os nenos e nenas que queiran continuar, terá un custo establecido polo adestrador ( 15-20 € mes)

 

Ticar na imaxe para cubrir o formulario:

ENKI PROXECTO

O alumando de 6º de primaria participou nunha xornada con Enki Proxeto onde experimentaron unha aprendizaxe vivivencial sobre as persoas con discapacidade a través do lecer e o deporte.

 

 

Preparando os xogos do MAGOSTO

Pilládesnos ultimando un dos xogos do Magosto de mañá no cole !

Cambiade a pelota por unha castaña e...  listo !

Cada quen o fará ao seu ritmo e seguro que que será emocionante ver

como se animan uns a outr@s .

Xa vos contaremos !

 

mllll

2º Primaria - XADREZ

O alumnado de 2º Educación Primaria outro ano máis teñen contacto co xadrez, e encántalles!

 

 

Álbum: Sen categoría -> Xadrez 2º EP

Xadrez 1º Primaria

A finais do mes de setembro os alumnos de de primeiro de primaria tiveron a oportunidade de achegarse ao deporte de xadrez.

 

 

 

CIRCO 2020-2021

Os último días de clase as nosas profes de educación Física e Gravitty Lugo viñeron a preparar con nós unha coreografía na que se mesturan acrobacias, ximnasia rítmica e baile moderno. O alumnado de 3º, 4º, 5º E 6º de EP disfrutaron ao máximo desta actividade e o resultado é esta maravillosa coreografía, esperamos que vos guste o resultado e que estedes a pasar un moi bo verano.

 

Achegamos o deporte á escola : tenis ,5º curso

Aproveitando os días de sol para xogar no patio nas clases de Ensino

Físico...

...coidando do material que necesitamos,neste caso unhas raquetas

de tenis ben chulas elas e que desinfectamos antes e despois do seu

uso !

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade , 6º curso

Hoxe é o Día internacional das persoas con discapacidade, unha data tan importante que non se pode esquecer nin pasar por alto.

No noso Centro realizamos actividades distintas co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre qué é a discapacidade e como lograr unha sociedade inclusiva.

Como podedes ver nas imaxes o alumnado de 6º traballou cos ollos pechados na clase de Ensino  Físico ,poñéndose na pel dun discapacitado visual

 

 

,,,

 

 

 

Reto Educación Física

Benvid@ a este BreakOut Educativo que forma parte das actividades propostas polo equipo docente do proxecto O CaMiÑo De piEFcitos: unidos por unha Educación Física saudable e sostible, dentro da celebración do Día da Educación Física na Casa, que este ano pola situación da emerxencia sanitaria, o Consello COLEF cambiou a "C" de Calle (rúa) pola "C" de Casa. 

PiEFcitos escondeuse pola situación da emerxencia sanitaria, debedes superar os diferentes retos e atopar as letras que terás que ordenar para formar unha palabra que chamará a súa atención para que saia do seu escondedoiro para sentirse seguro e a salvo.

 

Xadrez: Infantil 5 anos,1º e 2º curso

O pasado 3 de outubro, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria desfrutaron da iniciación aos rudimentos do xadrez.

"O xadrez, máis aló de ser concibido como un xogo ou un deporte, constitúe un instrumento pedagóxico de primeira magnitude para o desenvolvemento intelectual das persoas, como así teñen constatado diferentes investigacións científicas. Tal chega a ser a súa incidencia na formación educativa dos escolares, que a propia UNESCO recomendou oficialmente, no ano 1995, a todos os países membros a súa incorporación ao programa curricular do ensino primario e secundario.

E é que, con algo tan simple como un taboleiro, 32 pezas e dúas mentes pensantes, lógrase desenvolver e incrementar un bo número de habilidades cognitivas nos pequenos, que poderán utilizalas en distintas áreas de coñecemento. Porque o xadrez aumenta a capacidade de concentración e prevén o fracaso escolar, exercita a memoria, tanto a curto como a longo prazo, desenvolve o razonamento lóxico matemático, mellora a capacidade de resolución de problemas e toma de decisións, incrementa a autoestima e afán de superación (cada partida é un novo reto para o xogador), e axuda a aprender a reflexionar, planificar e previr, debendo anticiparse ás respostas do contrario".

Texto de ESCOLA LUGUESA DE XADREZ

 

E así foi o primeiro contacto do alumnado de 6ºINFANTIL:

 

 

 

Día Europeo do deporte Escolar en Primaria

O pasado 27 de setembro, celebramos o DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR, dunha forma moi especial, con diferentes actividades deportivas ao longo da mañá:

O alumnado de PRIMEIRO de PRIMARIA:

Bailaron:

E xogaron o balón-pé:

Os nenos e nenas de SEGUNDO de PRIMARIA:

Xogaron o balón-pé:

 

 E bailaron:

  

O alumnado de TERCEIRO de PRIMARIA:

Xogaron o baloncesto: 

E ó voleiball:

 

O alumnado de 4º de PRIMARIA:

Ó voleiball:

E baloncesto:

O alumnado de 5º de PRIMARIA:

Xogaron ó tenis de mesa, nas instalacións de Frigsa:



 

O alumnado de 6º de PRIMARIA:

Xogaron ó tenis nas instalacións de Frigsa:

E queremos agradecer a Gravitty, Club de Baloncesto Femenino Ensino Lugo, CV Emevé, SCDD Milagrosa, Club Tenís As Termas e Xaquedrum Escola Luguesa de Xadrez pola súa colaboración ó participar neste día.


 

 

 

Xadrez en Infantil

Hoxe viron a visitarnos ao noso cole uns mestres xeñais que nos ensinaron algunhas nocións sobre este xogo tan divertido e importante para o desenvolvemento dos nosos nenos . Velaquí unha imaxe dos nenos de 6º de infantil B.

Contenido sindicado


by Dr. Radut