Skip to Content

Proxecto AUGA

Proxecto da biblioteca durante todo o curso 2022-2023

Entroido 2024!

E no seguinte video podedes ver o desfile:

Proxecto Nova Zelandia - Galicia

Na asinatura de plástica en 3º de EP comezamos a coñecer a cultura de Nova Zelandia.

Entroido

Mostrámosvos o vídeo do desfile do noso Entroido. Que disfraces máis orixinais, todos relacionados co proxecto deste ano no centro, a AUGA.

Experimentos no Día da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, despois de traballar algún experimento relacionado ca auga durante a semana do 6 ao 10 de febreiro, o venres 10 o alumnado de Educación Infantil fixemos unha demostración dos mesmos ante os compañeiros de primaria.

 

 

O Arco da Vella cos nenos de 3 anos:

 

  Flotabilidade cos nenos de 4 anos:

 

 

Contaminación da Auga e Ceo estrelado cos nenos de 5 anos:

 

 

Experimentos na aula de 6º B de E. Infantil

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixemos varios experimentos relacionados co cambio climático: volcán, choiva, neve, xeo, ...

A ver cal vos gosta máis!

Visita ao Aquarium Finisterrae

O venres, 27 de xaneiro, o alumnado de 6º de E. Infantil do noso Centro vivimos unha aventura no Aquarium Finisterrae (A Coruña).

Qué ganas tíñamos de ver o mar, aínda que fose no inverno!

Nada máis chegar ao noso destino, ca famosa Torre de Hércules ao fondo, recibiunos unha monitora moi simpática (Goretti se chamaba?) que nos deu a benvida, e durante toda a visita explicounos moitas cousas interesantes dos animais mariños que estábamos a ver: medusas pequeniñas que cambiaban de cor; iso era porque son máxicas e conceden desexos aos nenos e nenas que llos piden en silencioooo. Había tamén cabaliños e estrelas de mar, anémonas cos seus veciños os peixes pallasos (como o famoso Nemo dos debuxos), ovos de tiburóns e mantas raias, sepias e meros, polbos, e moitos máis peixes, grandes e pequenos, dos que non lembramos os nomes.  Rematamos a visita dentro do edificio vendo o acuario onde Gastón, o tiburón máis grande do museo, nada entre outros peixes pacíficamente, mentras os coidadores, Diego e Clara, bucean para darlles a comida.

Fora do edificio, nunhas piscinas con auga de mar, asistimos ao xantar das divertidas focas.

Qué ben o pasamos!

Aí vai unha chea de fotos.

 

Explicando qué son as barbas das baleas

Non se aprecian moi ben, pero son medusiñas

Ovos de tiburón, raia (os de arriba) e doutro peixe...

Rincón da creatividade.

Móbiles feitos con obxetos atopados nas praias, costas, cando se estaba a limpialas.

As piscinas das focas

 

 

 

 

A primeira nevada do inverno

O mércores 18 de xaneiro foi un día moi especial para o alumnado do CEIP Paradai. A estación do inverno trouxo o mellor xogo para os pequenos: as bolas de neve.

 


 


 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut