Skip to Content

Complementarias

Ensaios do Nadal

O resultado final da actuación musical no festival de Nadal acadouse con ensaios, esforzo e a colaboración de todo o alumnado. Grazas chic@s.

Almorzos saudables 1º Primaria

Hoxe tivemos a oportunidade en 1º de PRIMARIA de participar na actividade “almorzos saudables” que organiza o Concello de Lugo @concellolugo deste xeito aprendimos cómo clasificar os alimentos,  como debería ser o noso almorzo para crecer fortes e sans e ademáis puidemos disfrutar dun especáculo de maxia. Dende o @ceipparadai queremos agradecer o labor dos distintos profesionais desta actividade.

 

 

 

 

Festival de Nadal 2019

Presione na imaxe, para ver o noso FESTIVAL DE NADAL 2019, na que participaron todo o alumnado do CENTRO:

 

Decoración das portas das aulas co motivo do NADAL

Presentámosvos un vídeo resumo dunha das actividades deste curso antes do Nadal, a decoración das portas das aulas en Infantil e Primaria.

Bo Nadal

Dende toda a Comunidade Educativa do CEIP PARADAI desexámosvos, Boas Festas

e Feliz Aninovo!!!


Plan proxecta: Leite e froitas

Traballamos no ámbito da saúde e da alimentación a través das seguintes modalidades:

  • Consumo de froita.

  • Consumo de lácteos.

 
  • De conservas do mar (Ponlle as pilas ao teu bocata).
  • Acercamento ao consumo de peixe (o sabor da aventura está no mar).

Con este plan contribuimos a familiarizar os escolares nunha alimentación saudable, potenciando o consumo de productos naturais e de calidade (froitas, verduras, lácteos, peixes...) frente a bolería industrial e a comida lixo.
 

Levamos a cabo accións educativas diversas destinadas a a coñecer, fomentar e manter, na escola e nas casas, o hábito do consumo destes alimentos que contribúen a unha alimentación e dieta equilibrada.

Unha mostra o noso traballo pódese ver nestas outras imaxes:

¡¡ Xa coñecemos mellor algunhas froitas e verduras!!

1º PRIMARIA: sandia e repolo / melón e remolacha

2º PRIMARIA: amorodo e porro / figo e pepino

3º PRIMARIA : mandarina e cenoria

                      cereixa e rábano / ameixa e nabo

 

4º PRIMARIA: mazá e tomate / pera e pemento

                    aguacate e cebola / laranxa e allo

                    kiwi e espinaca

5º PRIMARIA: platano e leituga / uvas e calabaza

                     albaricoque e coliflor

                     lemón e berenxena

6º PRIMARIA: melocotón e esparrago / néspero e acelga

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Os días 3, 4 e 5 de decembro celebramos no cole o Día internacional das persoas discapacitadas. Acompañounos a asociación "Plena inclusión" para realizar xogos: sillas musicais, xogos de conos... 

 

 

25 NOVEMBRO: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

Durante as semanas previas ao 25 de Novembro, no que se celebra Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, o alumnado de INFANTIL e PRIMARIA, traballou sobre os ADXECTIVOS que son habitualmente asociados á muller.

No seguinte vídeo pódese ver un resumo de todo o traballado:

Exposición do outono

 

O pasado mes de outubro, todo o alumnado do centro traballou

sobre vocabulario do outono, e como resultado, creouse unha

gran exposición na entrada do colexio:

Non faltaron as froitas , ricas e sas ...

Verbos que xa case non se usan no agro...

...e que nós recollemos para non esquecer os labores propios  do outono...

En definitiva,unha exposición coa que aprendemos e pasamos unhas horas moi entretidas!

Proxecto: Salvando a Martea

Neste curso 2019/2020  todo o Centro traballaremos nun proxecto común que denominamos SALVANDO A MARTEA ( salvando o mar, a terra e o aire) no que investigaremos as maneiras de protexer o medioambiente, o impacto da sociedade de consumo no noso planeta e as distintas formas de reciclaxe. 

 

Cada curso encargarase dun tema diferente:

En EDUCACIÓN INFANTIL, aproveitando a súa implicación no proxecto ‘STOP PLÁSTICOS’ de Voz Natura, traballaremos os plásticos e as distintas formas de reutilizalos.

No PRIMEIRO e SEGUNDO CURSO de PRIMARIA investigaremos sobre o papel.

No TERCEIRO e CUARTO de PRIMARIA estudiaremos o impacto da gandería e a agricultura intensivas e os beneficios da gandería e a agricultura sostibles.

No QUINTO e SEXTO CURSO de PRIMARIA trataremos o impacto da industria e as diferentes enerxías renovables na nosa vida cotiá

 

Con este proxecto aprenderemos a coidar ao noso planeta e comezaremos a ser conscientes do impacto que temos nel no noso día a día.

 

Magosto

O pasado mércores 30 de outubro celebramos o magosto no centro. As familias colaboraron aportando tamén castañas previamente asinadas. Canto comemos!! Estaban deliciosas!!

Xadrez: Infantil 5 anos,1º e 2º curso

O pasado 3 de outubro, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria desfrutaron da iniciación aos rudimentos do xadrez.

"O xadrez, máis aló de ser concibido como un xogo ou un deporte, constitúe un instrumento pedagóxico de primeira magnitude para o desenvolvemento intelectual das persoas, como así teñen constatado diferentes investigacións científicas. Tal chega a ser a súa incidencia na formación educativa dos escolares, que a propia UNESCO recomendou oficialmente, no ano 1995, a todos os países membros a súa incorporación ao programa curricular do ensino primario e secundario.

E é que, con algo tan simple como un taboleiro, 32 pezas e dúas mentes pensantes, lógrase desenvolver e incrementar un bo número de habilidades cognitivas nos pequenos, que poderán utilizalas en distintas áreas de coñecemento. Porque o xadrez aumenta a capacidade de concentración e prevén o fracaso escolar, exercita a memoria, tanto a curto como a longo prazo, desenvolve o razonamento lóxico matemático, mellora a capacidade de resolución de problemas e toma de decisións, incrementa a autoestima e afán de superación (cada partida é un novo reto para o xogador), e axuda a aprender a reflexionar, planificar e previr, debendo anticiparse ás respostas do contrario".

Texto de ESCOLA LUGUESA DE XADREZ

 

E así foi o primeiro contacto do alumnado de 6ºINFANTIL:

 

 

 

Día Europeo do deporte Escolar en Primaria

O pasado 27 de setembro, celebramos o DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR, dunha forma moi especial, con diferentes actividades deportivas ao longo da mañá:

O alumnado de PRIMEIRO de PRIMARIA:

Bailaron:

E xogaron o balón-pé:

Os nenos e nenas de SEGUNDO de PRIMARIA:

Xogaron o balón-pé:

 

 E bailaron:

  

O alumnado de TERCEIRO de PRIMARIA:

Xogaron o baloncesto: 

E ó voleiball:

 

O alumnado de 4º de PRIMARIA:

Ó voleiball:

E baloncesto:

O alumnado de 5º de PRIMARIA:

Xogaron ó tenis de mesa, nas instalacións de Frigsa:



 

O alumnado de 6º de PRIMARIA:

Xogaron ó tenis nas instalacións de Frigsa:

E queremos agradecer a Gravitty, Club de Baloncesto Femenino Ensino Lugo, CV Emevé, SCDD Milagrosa, Club Tenís As Termas e Xaquedrum Escola Luguesa de Xadrez pola súa colaboración ó participar neste día.


 

 

 

Día Europeo do deporte Escolar en Infantil

O pasado venres 27 de setembro celebramos no centro o DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR, e os nenos e nenas de Educación Infantil, celebrárono co que lles gusta, bailando!

 

 Ata se aprenderon unha coreografía:

 

5º visita a cooperativa Milhulloa

Compartimos con vós a visita didáctica de 5º curso á cooperativa de mulleres Milhulloa en Palas de Rei ,na comarca da Ulloa,feita en outubro

Da man de Carmela ,unha das socias, percorremos o terreo que teñen para as súas plantas medicinais, e máis tarde tamén os invernadoiros .

 Acto seguido ensináronos as instalacións nas que fan o proceso de secado e destilado da lavanda,do ourego...para así sacarlles a humidade e que quede a esencia das plantas nada máis

 Moito gostamos da desgustación de tomates deshidratados e do té ...Algúns máis ca outros ,tamén é certo!

 Tamén nos agasallaron con sementes de caléndula e salvia que empaquetamos nós mesmos e levamos para casa

 Esquecíamos dicirvos que tivemos a oportunidade de botarnos unha crema feita con leite  e plantas ,que é un dos proxectos novos desta cooperativa.Rimos moito co seu nome : Muuuuulloa !!

 

     Moitas grazas , Cooperativa Milhulloa ,por recibirnos !

 

 

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut