Skip to Content

Festival das Letras Galegas en Educación Infantil

Un bosque na maleta

Historia contada polo contacontos Brais Moure, para os nenos e nenas de E. Infantil, na mañanciña do 16 de maio de 2019.

 

Estamos a asistir a un conto máxico, que fala de meigas, de vasoiras máxicas, de xacias ...

Esto é que a meiga Chantada convídanos a viaxar con ela para vivir unha apaixoante aventura nos bosques galegos.

 

Ela sempre comenza a súa viaxe voando ca vasoira máxica, feita de madeira de albedro (madroño en castelá); polo tanto saímos todos con ela dende o aeroporto de Alvedro (agora, aeroporto de A Coruña), que colle o seu nome da árbore albedro. Preparados, listos, e a voar...

 

Na nosa viaxe coñecemos á lobiña Bea, da Pontenova. É moi amable e peludiña.

Aparece unha maleta; craro, en toda viaxe hai unha maleta... e esta maleta ten cousas prodixiosas. Ábrese, e mirade o que aparece: carrabouxos ou bugallos, que son esas boliñas que teñen alguns carballos. Tamén hai piñas, pólas de árbores como o carballo, a sobreira, a maceira brava, o bidueiro, o teixo; ulímolo todo... de teixo está feita unha variña máxica que nos mostra a meiga. Di que esa variña transforma os nenos en lobiños ... tamén atopamos unha variña de sobreira, que transforma aos nenos en arboriñas.

Qué máis había? Saca un libro xaponés, que trouxo do Xapón a meiga Chantada. Titúlase "SINRIN YOKU", ou algo parecido, e que significa BAÑOS DE BOSQUE. Nel veñen exercicios de respiración. Amósanos cómo podemos sentir os latexos do corazón, e a forma que ten de latexar ao ritmo das árbores. No libro aparece o Rei do Silencio, que cociña un conto sen palabras...

Remata dicíndonos que coa chave da imaxinación abriremos os nosos corazóns para aprender a respectar e tratar ben os bosques. Unha das cousas que lle gostan ás árbores é que lles deamos moitas apertas.


 

Despois amósanos cómo podemos aproveitar as botas vellas, para sementar nelas unha preciosa árbore, a cal medrará e medrará cando a prantemos nun bosque.

 

Qué cansos estamos! Imos a durmir unha sestiña ao carón dunha árbore...pero sen roncar... Canta o galo e despértanos. Creo que xa temos que voltar para o cole. Collemos ben a vasoira máxica de albedro, poñemos ben o casco na testa, e a voar. Sobrevoamos toda a paisaxe galega, os campos, os bosques. Vale, antes de chegar, fixemos unha paradiña á beira do Río Miño. Alí vemos unhas barcas de dornas, cos seus remos... e qué facemos? Craro, damos un paseo polo río e, mentras remamos, cantamos: "Un día atopei unha xacia...". Xa sabedes que as xacias son as mulleres-peixes dos ríos.

 

Qué ben nos sentou esta viaxe!

 

 



blog | by Dr. Radut