Skip to Content

Blog de mariaj

Móvete

Móvete! Quen dixo que para preparar un exame tiñamos que estar quietos? Hoxe en 5º repasamos lingua galega buscando as preguntas pola clase e cubrindo as respostas individualmente ou coa axuda dos nosos compañeiros/as. 

 

Inclusión espontánea

A importancia da aprendizaxe de idiomas para entender as culturas. A importancia da cultura para aprender un novo idioma. Mentras un alumno/a mellora o seu castelán, os seus compañeiros/as interésanse por coñecer o seu idioma. INCLUSIÓN ESPONTÁNEA.

Autorretratos

Autorretratos realizados polos alumnos e alumnas de 5ºB utilizando a técnica do puntillismo e baseados na obra do artista americano do Pop Art, Roy Lietchenstein.

PRESENTACIÓN LILLIE NOVA ZELANDIA

Hoxe o alumnado de 5° e 6° desfrutou dunha emocionante clase de inglés coa presentación que nos fixo Lillie sobre Nova Zelandia. Quedamos con ganas de visitar o país!!

Prensa-Escola La Voz de Galicia

O alumnado do terceiro ciclo comezou a súa participación no Programa Prensa-Escola que é unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagóxico importante no proceso de aprendizaxe do alumnado. O seu obxectivo é que, a través das súas páxinas, os escolares desenvolvan o sentido crítico que lles axude a converterse en cidadáns dunha sociedade plural e democrática.

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Dentro das actividades realizadas no centro con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu á primeira sesión dun obradoiro pertencente ao Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero da Casa da Muller, no que se lles están a proporcionar as ferramentas necesarias para acadar cambios positivos nas súas actitudes e así favorecer as relacions en igualdade.

ACTIVIDADE SOBRE CIBERSEGURIDADE E ACOSO EN REDES

A semana do 18 de novembro realizamos no centro unha actividade dentro do Plan Director impartida pola Policía Nacional sobre ciberseguridade e acoso nas redes dirixida ao alumnado de 6º de Primaria. 

 

ROCÓDROMO

O pasado 25 de setembro o alumnado de 6º de primaria acudiron ao rocódromo situado no Pazo de Feiras e Congresos invitados por Deporte Escolar. Foi unha experiencia que lles encantou e vimos auténtic@s escaladores e escaladoras; todos moi valentes!!.

 

 

OBRADOIRO JUAN SOÑADOR

O pasado 26 de outubro o  alumnado de 5º de EP participou e desfrutou  da xornada sobre voluntariado da Fundación Juan Soñador na que coñeceron de primeira man a importancia da labor dos voluntarios e voluntarias.

 

 

 

6º PRIMARIA 23-24

ATRAPADOS NA CLASE!

Neste Escape Room de Samaín o alumnado de 5º en 6º quedou… atrapado na clase!!

Tiveron que demostrar os seus coñecementos sobre a orixe desta festividade, e coa axuda da súa intuición e a comunicación cos seus compañeiros e compañeiras… Conseguiron sair!!

 

CURSO 23-24 5º PRIMARIA

ATRAPADOS NA CLASE!

Neste Escape Room de Samaín o alumnado de 5º en 6º quedou… atrapado na clase!!

Tiveron que demostrar os seus coñecementos sobre a orixe desta festividade, e coa axuda da súa intuición e a comunicación cos seus compañeiros e compañeiras… Conseguiron sair!!

 

Entroido 2023

Como o tema central do curso no colexio é a auga, o alumnado de 5º de Primaria caracterizámonos de nevada. Disfrutamos moitísimo realizando os nosos disfraces. 

 

OBRADOIRO IGUALDADE DE XÉNERO

O alumnado de 5º de Primaria, co gallo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, na semana do 25 de novembro realizou uns obradoiros por este motivo.

25 N

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixemos uns móbiles de bolboretas para rexeitar a violencia de xénero. Con elas decoramos os corredores da primeira planta e da segunda para que todos poideran ver as nosas mensaxes de repulsa. Despois  todos os cursos de infantil ata 6º de primaria fomos deixando a nosa pegada para cubrir a gran bolboreta que tiñamos na entrada do centro. Nesa mesma semana, 5º e 6º realizamos un obradoiro do Concello sobre violencia de xénero.

Obradoiro de voluntariado con Juan Soñador

 

En 5º e 6º de Primaria tivemos a oportunidade de coñecer o que é

voluntariado grazas a un obradoiro que nos impartiron desde a 

Fundación Juan Soñador coa que mantemos unha estreita

colaboración.

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut