Skip to Content

Blog de mariaj

Actividade de tráfico 4º, 5º e 6º de Primaria

Os días 28 e 29 de xaneiro @s alumn@s de 4º e 5º e Primaria realizamos unha actividade no cole de Educación Vial. Despois de todo o que aprendemos, só nos quedará poñelo en práctica no PIT de Frigsa.

 

 

Educando con Malibú

O venres 24 de xaneiro no noso cole tivemos unha profe moi especial xa que veu a cadeliña Malibú desde a Casa Grande de Xanceda a ensinarnos o importante que é coidar os animais e como actuar se vemos un cadeliño abandonado!!!. Nesta actividade participamos @s alumn@s de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Desde o CEIP Paradai queremos darlle as grazas ao equipo @educandoconmalibu ( Malibú, Adriana e Laura).

 

 

Almorzos saudables 1º Primaria

Hoxe tivemos a oportunidade en 1º de PRIMARIA de participar na actividade “almorzos saudables” que organiza o Concello de Lugo @concellolugo deste xeito aprendimos cómo clasificar os alimentos,  como debería ser o noso almorzo para crecer fortes e sans e ademáis puidemos disfrutar dun especáculo de maxia. Dende o @ceipparadai queremos agradecer o labor dos distintos profesionais desta actividade.

 

 

 

 

Visita ao cole de Papá Noel

Papá Noel, aínda que nestas datas estaba ocupadísimo, fixo un oco na súa saturada axenda para facernos unha visita ao CEIP Paradai. Que grande alegría nos levamos todos!!! E mirade cantos regalos nos deixou para as aulas!!!

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Os días 3, 4 e 5 de decembro celebramos no cole o Día internacional das persoas discapacitadas. Acompañounos a asociación "Plena inclusión" para realizar xogos: sillas musicais, xogos de conos... 

 

 

Medidas

Hoxe en Educación Física tamén traballamos  as mates. Para iso, estivemos medindo en metros, centímetros...Pasámolo xenial!!!

 

Magosto

O pasado mércores 30 de outubro celebramos o magosto no centro. As familias colaboraron aportando tamén castañas previamente asinadas. Canto comemos!! Estaban deliciosas!!

Contacontos biblioteca 4º, 5º e 6º de Primaria

O día 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas. Para iso, @s alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron a un contacontos na biblioteca do colexio. O título do libro elixido foi " En mis tiempos", a historia do grande salto xeracional entre o avó que xogaba á buxaina e o neto que o fai a videoxogos.

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut