Skip to Content

Blog de mariaj

Saída 6º Primaria Indómitas e museos

O 17 de novembro visitamos a exposición Indómitas no edificio Abanca da Praza Maior. Esta exposición son fotografías de mulleres pioneiras en calquera dos seus ámbitos de traballo. A continuación visitamos a Casa dos Mosaicos e fixemos unha visita guiada pola muralla e o Lugo romano acompañados dun fantástico guía.

SAÍDA 5º Á EXPOSICIÓN INDÓMITAS DE AFUNDACIÓN

O alumnado de 5º de Primaria realizou unha saída o pasado día 7 de novembro a ver a exposición Indómitas situada no edificio de Abanca da Praza Maior. Despois desta visita, fixemos un percorrido guiado polo Lugo romano acompañados dun guía, que nos levou tamén visitar o Centro de Interpretación da Muralla.

EDUCACIÓN VIAL 5º

O venres 21 e o luns 24 de outubro realizamos no cole unha actividade de educación vial. É moi importante que recordemos como debemos circular, tanto cando somos peóns como cando imos en vehículos (bicis, patinete...). 

 

ESCAPE ROOM 6º A-B

O martes 25 de outubro fixemos un escape room polo cole organizado pola Profe Alba, que nos encantou. Disfrútamolo moitísimo tanto as profes como os alumnos. 

 

 

 

ESCAPE ROOM 5º DE PRIMARIA

Ola, bo día. Retomamos a subida de fotos e vídeos das actividades realizadas neste curso 2022-2023. En concreto, estas que vos subimos son dunha actividade moi chula que fixemos o día 25 de outubro co gallo da celebración do Samaín. Era un escape room organizado por ProfeAlba e que nos encantou, tanto aos nenos como ás profes. Deixámosvos unha pequena escolma:

 

 

EMOCIÓNS 6º PRIMARIA

Ola, bo día. Retomamos a subida de fotos e vídeos de actividades feitas no cole, neste curso 22-23. Estas que vos deixamos son sobre unha actividade relacionada coas emocións dirixida ao alumnado de 6º de Primaria.

 

Xogos romanos

Estivemos practicando xogos romanos no colexio para presentarnos á competición celebrada na Casa da Música. Os gañadores foron a Astorga a competir contra outros centros. Noraboa!

HAZTE OÍR

A semana do 25 de abril é a Semana de Acción Mundial pola Educación, que este ano ten o obxetivo de alzar a voz polo profesorado.
As alumnas de Educación Social viñeron a realizar unhas actividades cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria para darlles a coñecer a Campaña e a importancia do traballo do profesorado.

 

HAZTE OÍR

A semana do 25 de abril é a Semana de Acción Mundial pola Educación, que este ano ten o obxetivo de alzar a voz polo profesorado.
As alumnas de Educación Social viñeron a realizar unhas actividades cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria para darlles a coñecer a Campaña e a importancia do traballo do profesorado.

MINERAIS CONTRA O CANCRO

A Universidade de Santiago xunto co HULA están a realizar unha investigación sobre os beneficios que certos minerais poderían ter na loita contra o cancro. Aos colexios pedíusenos que colaborásemos con esta campaña creando ilustracións para facer visible esta investigación. Mirade que marabillas sairon do noso cole!!

Educación física 3º

O alumnado de 3º estivemos estes días practicando diversas actividades na clase de Educación Física e contamos cun público moi especial.

 

 

Estudiando as plantas

Estes días o alumnado de 3º estamos estudando as plantas. Aquí tedes un exemplo das cousiñas que estamos a traballar. 

 

 

CONFECCIÓN DE CHAPAS

Despois do Día da muller, inventamos un lema e fixemos un debuxo relacionado con ese día. A continuación, confeccionamos unhas chapas que, á vista está, quedáronnos fermosísimas.

Día da muller 8M

O día 8 de marzo realizamos actividades no colexio sobre o Día da muller. Como todos os anos, viñeron mulleres que teñen traballos relacionados coa natureza, o proxecto de centro que temos para este curso. Con nós viñeron dúas mulleres: Mireia Villar (profesora da Universidade) e Ánxeles Vázquez (conselleira de Medio Ambiente).

Entroido 4º

O 25 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Este ano o tema central era o de profesionais que traballan pola natureza. Despois tivemos unha actividade con Peter Punk na que o pasamos moi ben.  Aquí vos deixamos unha pequena escolma de fotos dese día.

Contenido sindicado


by Dr. Radut