Skip to Content

Blog de mariaj

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día 11 de febreiro, co gallo do Día da muller e a nena na ciencia, tivemos no colexio a visita de Azucena Mora (investigadora da Universidade de Santiago de Compostela na rama de microbioloxía na Facultade de Veterinaria de Lugo) que respondeu ás preguntas dos nos@s alumn@s sobre o seu traballo e outras cuestións que os preocupaban. Logo, tamén recibimos a visita doutras investigadoras da Universidade que traballaron con nós as bacterias. Aquí vos deixamos algunha foto para que vexades canto aprendemos nese día (cos microscopios; usamos placas de Petri para deixar mostras das nosas mans limpas e sucias, que despois se levaron ao laboratorio a incubar toda a fin de semana e o luns vimos cantas bacterias había nas nosas mans -incluídas nas limpas-. 

 

Xogos na aula multiusos

Este Nadal, como nos portamos tod@s moi ben, Papá Noel deixounos un montón de xogos para traballar as matemáticas e as linguas de forma lúdica. Aquí tedes uns exemplos de actividades que fixemos con eles na nova aula multiusos.

 

Maxia en inglés

O departamento de inglés do centro realizou unha actividade de maxia en inglés. Foi xenial!! Aquí vos deixamos algunhas fotografías para que comprobedes que cousas tan incribles facían coas mans. 

 

HORA MUSE

O venres 5 de novembro retomamos outra vez tamén as actividades da Hora Muse.

MAGOSTO E SAMAÍN

O día 29 de outubro celebramos POR FIN, OUTRA VEZ o magosto e o Samaín no colexio. Estivemos superemocionados por recuperar un pouquiño de normalidade. Disfrazámonos e pasámolo xenial comendo castañas e xogando a xogos tradicionais. 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE FILATELIA

Os nenos e nenas de 4º de Primaria visitamos o día 21 de outubro a exposición de filatelia que había na Praza de Santa María. Ensináronnos como fabricar unha moeda ("medalla") de xeito rudimentario, vimos coleccións moi curiosas. Gustounos moitísimo a experiencia de volver saír do cole despois de tanto tempo sen poder facelo. 

Días despois fixemos a segunda parte da actividade no colexio, e recibimos premios polo noso bo traballo.

PINTADO DO MURO DAS EMOCIÓNS

Os nenos e nenas de 4º de Primaria axudamos a Clara Colorines a pintar o muro das emocións que fixemos na parte de atrás do colexio. Canto traballamos!!! Pensamos que o resultado quedou fermosísimo!!!:

INICIO DO TRABALLO NA AULA VIRTUAL

O alumnado de 4º iniciamos o noso traballo outro curso máis na aula virtual. Agora xa somos todos uns expertos!!!

VISITA Á EXPOSICIÓN DE FILATELIA

O alumnado de 3º visitamos a exposición de filatelia o 22 de outubro. Que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos sobre os selos e as coleccións!!!

 

Traballos de 4º B ao longo do curso

O alumnado de 4º B realizamos moitísimas actividades ao longo do curso, todas chulísimas. Por iso queremos compartilas con vós por se algunha vos pode servir de inspiración:

Mural da Paz

Botellas con información sobre Betty Williams

O Camiño de Santiago

O Entroido

Traballos manipulativos para adquirir as diferentes competencias básicas

Elaboración de lapbooks

Tarxetas para celebrar o Día da Nai

A Caixa das Emocións

Traballos sobre Xela Arias

Murais

Traballos sobre as sufraxistas

Esperamos que vos gustasen.

 

Material alumnado NEAE e material manipulativo 4º B

O noso alumnado realizou actividades manipulativas para mellorar a súa aprendizaxe. Deixámosvos uns exemplos:

Escape room Letras Galegas 3º Primaria

O alumnado de 3º de Primaria participou nun escape room elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, recollendo pistas pola biblioteca que lles deran información sobre a homenaxeada do Día das Letras Galegas deste ano, Xela Arias. 

Digicraft 3º

O alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade de Digicraft creando mundos virtuais

 

 

ACTIVIDADES DÍA LÚDICO 3º PRIMARIA

No día lúdico, aproveitamos para realizar actividades diferentes relacionadas co cálculo e o razonamento matemático.

 

Mulleres piratas

O alumnado de 4º investigou sobre mulleres piratas, co gallo do Día da muller. Estes son algúns dos traballos realizados. 

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut