Skip to Content

Blog de mariaj

Sementando liño

O alumnado de 3º de Primaria, coincidindo co estudo das plantas en Ciencias Naturais, fixo unha plantación de sementes de liño para que viran como se desenvolven as sementes ata dar lugar a unha planta. 

 

ENTROIDO

O alumnado de 3º de Primaria este ano decidiu disfrazarse de turistas, porque o Camiño de Santiago non só atrae a peregrinos senón tamén moitísimos visitantes. Aquí vos queda unha mostra de como foron evolucionando os complementos dos nosos disfraces. 

 

 

 

Hora MUS-E 3º primaria

O alumnado de 3º de Primaria está a participar, por primeira vez no centro e na provincia, no Proxecto MUS-E, cun resultado moi satisfactorio.

 

Mar da Paz 3º

O alumnado de 3º contribuíu ao Mar da Paz coas súas botellas con información sobre John Lennon e Rigoberta Menchú. Pasámolo moi ben elaborando o mural!!

Mar da Paz

O alumnado de 4º  fixo a súa contribución ao Mar da Paz coas botellas con información sobre Betty Williams.

Actividades 22 de decembro 3º e 4º Educación Primaria

Cantamos panxoliñas...

 

Tivemos un espectáculo de maxia

E, o mellor de todo, foi a chegada de Papá Noel e as súas elfas, que nos deixaron un montón de regalos para as aulas.

Cantas emocións!!! Foi un día marabilloso!!

 

 

 

Actividade de deporte inclusiva

O alumnado do centro participou nunha actividade de deporte inclusivo dentro das actividades realizadas no Día do Discapacitado celebrado o día 3 de decembro.

3º Primaria traballando desde a aula virtual do centro

Continuamos formando ao noso alumnado traballando a través da aula virtua na nova aua de informática. Neste caso, trátase do alumnado de 3º de Educación Primaria.

Concerto singular 3º-4º Educación Primaria


Que haxa unha pandemia non significa que non podamos facer actividades culturais que nos trasladen a outros lugares sen saír das nosas aulas.
O outra día o alumnado de 3º e 4º trasladáronse de xeito virtual a Vigo para poder participar na actividade “Concerto singular” organizado por @afundacion_org , e temos que dicir que disfrutamos moito da actividade e tamén de charlar un pouco cos artistas que nos adicaron un tempo para poder responder a todas as nosas dúbidas.

Mes da Ciencia

Para conmemorar o Mes da Ciencia en galego, o alumnado de 2º A puxo en marcha as súas ideas científicas e literarias e fixeron uns cómics en galego co seguinte tema:" Como evitamos o plástico no mar".

Samaín en Primaria

Mirade que guapos viñeron @s nos@ alumn@s alegrarnos a mañá para celebrarmos todos xuntos o Samaín!!

 

Fotos de outono 3º primaria

Aquí vos deixamos unhas fotos dunha actividade que fixemos relacionada co outono.

Tarefas Primaria 6º B

As tarefas están adxuntadas máis a baixo para repasar e traballar un pouquiño na casa.

Día da muller e a ciencia CEIP Paradai (Educación Primaria)

O día 12 de febreiro celebramos no cole o Día da muller e a nena na ciencia. Contamos con 17 obradoiros impartidos por voluntarios da USC. Nos talleres aprendemos a realizar manobras de RCP, a discriminar olores e substancias a través do tacto, descubrimos o ADN...

Moitísimas grazas a todos. Foi interesantísimo e desde logo...repetiremos!!!.

 

 

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut