Skip to Content

Curso 2021-2022

Proxecto Gaia: Este proxecto impulsado no curso 2021-2022 dende a biblioteca, xorde dun conto que pretende crear no noso alumnado unha verdadeira “conciencia ecolóxica activa”. Traballouse dende educación infantil ata educación primaria.

5º primaria no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O ALUMNADO DE 5º PRIMARIA FIXERON UN EXPERIMENTO FROTIS SANGUÍNEO

ANTES DE COMEZAR O EXPERIMENTO A CIENTÍFICA EXPLÍCANOS QUE É UNHA CÉLULA , AS SÚAS PARTES E OS DIFERENTES TIPOS .

A CONTINUACIÓN POÑEMOS UNHA BATA E UNHAS LUVAS E COMEZAMOS O EXPERIMENTO.

1º-  BOTAMOS O SANGUE NO PORTAOBXECTOS

COLLEMOS COA PIPETA UNHA PINGA DE SANGUE E A BOTAMOS NO PORTAOBXECTOS.

CON OUTRO PORTAOBXECTOS ARRASTRAMOS A PINGA DE SANGUE.

POÑEMOS O PORTAOBXECTOS CO SANGUE NA BANDEXA PARA QUE SEQUE.

2º. TINXIDO DO SANGUE

SUMERXIMOS O PORTAOBXECTOS CO SANGUE NOS TRES BOTES CON DIFERENTES COLORANTES UNS SEGUNDOS.

LAVAMOS O PORTAOBXECTOS PARA ELIMINAR O EXCESO DE COLORANTE.

DEIXAMOS SECAR NA BANDEXA.

3º. OBSERVAMOS NO MICROSCOPIO

COLOCAMOS O PORTAOBXECTOS NO MICROSCOPIO E OBSERVAMOS AS DIFERENTES PARTES DA CÉLULA, CADA UNHA DAS SÚAS PARTES ESTÁ TINXIDA DUNHA COR DIFERENTE.

NO MICROSCOPIO OBSERVAMOS QUE A MAIOR PARTE DO QUE OBSERVAMOS NO SANGUE SON OS GLÓBULOS VERMELLOS.

 

CONTO: GAIA

O proxecto Gaia, impulsado este ano dende a biblioteca, xorde dun conto que pretende crear no noso alumnado unha verdadeira “conciencia ecolóxica activa”. Esperamos que lle saquedes partido.

 

 

Conto: GAIA

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut