Skip to Content

Orientación

MATERIAL DIACONÍA

Boa tarde,

En vista de que por diversas razóns tanto alleas ao centro como a Diaconía, non puideron levar a cabo o seu proxecto “Apoyo y Compensación a las desigualdades educativas” no noso centro, ofrecennos algún dos recursos educativos que ían utilizar con aqueles alumnos/as que teñen unha necesidade educativa especial que require apoio. 

A maiores, facilitan un link para que poidan ver o resto dos recursos que esta entidade ten sobre  Apoio e Compensación De Desigualdades Educativas"Ampliar máis información sobre o programa".

Descarga de recursos:

Día internacional das persoas con discapacidade

 

Hoxe é o “Día internacional das persoas con discapacidade” e no Ceip Paradai non podemos pasar por alto unha data tan sinalada. Coñecer a  diversidade, aceptala e respetala é un dos nosos maiores obxectivos como centro e por ese motivo queremos concienciar ao noso alumnado nun día coma o de hoxe. A continuación presentámosvos unha serie de enlaces sobre os distintos tipo de discapacidade.

 

Saude Dixital

Saúde Dixital

Neste artigo tedes a recopilación de varias infografías que explican a importancia de ter unha correcta utilización dos medios dixitais.

Unhas van dirixidas ós pais, nais, tutores, e outras os nenos e nenas.

Ista infografía vai dirixida a vosotr@s nen@s

Fixádevos ben nos consellos que eiquí poñen 

Tede sempre en conta que os vosos pais e profesor@s están a voso carón para axudaros en todo, se nalgún momento precisades axuda, ou vedes que algo raro está a pasar, falar con eles e xa veredes como todo se solucionará.

 

 

Istes consellos que vienen a continuación

van dirixidos para os maiores

É moi importante telos en conta se non queremos ter algún que outro susto ou disgusto.

Debemos ser responsables e saber de que maneira están a utilizar os diferentes medios tecnolóxicos, para que podan utlilizalos no seu tempo de estudo e de ocio dunha forma segura.

 

 

Istes comportamentos hai que evitalos sempre...

...para poder utilizar da mellor maneira posible... 

...os medios dixitais, coa máxima seguridade

↓↓↓↓↓

 

 

 

Se seguimos estes pasos

sempre teremos o noso ordenador preparado

para traballar nas millores condicións:

 

 

Dia Internacional da Familia

Feliz Día Internacional da Familia!

(15 de maio)

 

Hoxe (e nestes meses que levamos vivindo) máis que nunca, a familia é o lugar onde xira todo o noso mundo, os que están connosco e os que, polas circunstancias, están un pouquiño máis lonxe... 

Estamos a vivir tempos de botar de menos, de desexar vernos pronto para volver sentir os bicos e abrazos dos avós, das tías/os,primos e primas, os imáns maiores, amigo@s...

Pero tamén tivo a súa parte positiva, disfrutar máis dos que están a nosa carón, descubrir ese talento oculto que tiña o noso pai, ou a nosa irmá maior..., poder compartir xogos, segredos, algún medo que nos espantaron enseguida.... 

É que somos máis fortes do que pensamos, e que temos unha familia na que "estamos unidos polos nosos corazóns"...

Este é un video adaptado dun conto moi moi fermoso

sobre a familia

Clica abaixo e escoita atentamente 

↓↓↓↓

 

 Para disfrutar máis en familia aquí tedes un enlace duns contos (de descarga libre) e debuxos para colorear  de Olga de Dios

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/la-gran-olga-de-dios-comparte-3-de-sus.html?m=1

 

 Como xa estamos no comezo do fin de semana, os propoñemos un xogo en familia.... ¿Coñeces a túa familia?

Coñeces a tua familia

 É un xogo que propón a mestra de Audición e Linguaxe Amparo Ruiz

Aquí tedes o enlace do seu blog onde están todalas instruccións

https://audicionylenguajeamparoruiz.blogspot.com/2020/04/conoces-tu-familia-juego-de-mesa.html 

 

¿Quedaches en casa?

¿Quedáches na casa?

¿Quedáste en casa?

¿quedaste en casa? Actividades en  casa

Paseos Saudables

Este é outro video que publicou a "Organización Colegial de Enfermería de España", que ven a ampliar algún consello máis dos que se ofreceron no anterior video.

Agora a disfrutar moito dos paseos  con responsabilidade

Imagen video

   
   
   
   

Os catro uns

Os catro uns

Los cuatro unos

Neste video publicado polo Ministerio de Sanidad, indica cómo podemos realizar un paseo sen preocupacións

Disfrutade moito dos paseos!!!

Normas para sair de casa

Explicación das normas para sair de casa

Pasos para resolver problemas

Estes pasos podenvos servir de moita utilidade a hora de facer algunha das actividades que teñades propostas

Moito ánimo!

Sodes uns campeóns!

 

 

A caixa da calma

A Caixa da calma

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CHARLA DO IES MURALLA ROMANA

Estimadas familias:

Estamos encantados de informarlles da Charla Orientativa que se vai desenvolver no noso centro para as familias o Luns 3 de febreiro ás 16:30 horas, por parte do IES Muralla Romana de Lugo, cuxo motivo é aportar información do paso do alumnado de 6º de EP á Educación Secundaria Obrigatoria, a cumprimentación da matrícula e despexar dúbidas que poidan surxir neste senso.

( A Charla para o alumnado será o mesmo día as 12:00 h)                                                        

 

                                                      Orientadora do C.E.I.P. Paradai

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut