Skip to Content

Dia Internacional da Familia

Feliz Día Internacional da Familia!

(15 de maio)

 

Hoxe (e nestes meses que levamos vivindo) máis que nunca, a familia é o lugar onde xira todo o noso mundo, os que están connosco e os que, polas circunstancias, están un pouquiño máis lonxe... 

Estamos a vivir tempos de botar de menos, de desexar vernos pronto para volver sentir os bicos e abrazos dos avós, das tías/os,primos e primas, os imáns maiores, amigo@s...

Pero tamén tivo a súa parte positiva, disfrutar máis dos que están a nosa carón, descubrir ese talento oculto que tiña o noso pai, ou a nosa irmá maior..., poder compartir xogos, segredos, algún medo que nos espantaron enseguida.... 

É que somos máis fortes do que pensamos, e que temos unha familia na que "estamos unidos polos nosos corazóns"...

Este é un video adaptado dun conto moi moi fermoso

sobre a familia

Clica abaixo e escoita atentamente 

↓↓↓↓

 

 Para disfrutar máis en familia aquí tedes un enlace duns contos (de descarga libre) e debuxos para colorear  de Olga de Dios

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/la-gran-olga-de-dios-comparte-3-de-sus.html?m=1

 

 Como xa estamos no comezo do fin de semana, os propoñemos un xogo en familia.... ¿Coñeces a túa familia?

Coñeces a tua familia

 É un xogo que propón a mestra de Audición e Linguaxe Amparo Ruiz

Aquí tedes o enlace do seu blog onde están todalas instruccións

https://audicionylenguajeamparoruiz.blogspot.com/2020/04/conoces-tu-familia-juego-de-mesa.html 

 



blog | by Dr. Radut