Skip to Content

Visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia

O venres 24 de maio, todos os nenos e nenas de E.I. do CEIP Paradai fomos de excursión a Monforte de Lemos, para visitar o Museo do Ferrocarril de Galicia.

 

Estábamos moi emocionados por facer unha viaxe tan longa, pero moitos de nós pensábamos que tamén íamos ir en tren. Que mágoa! Collimos un autobús no cole e viaxamos todo o tempo nel. Despóis enterámonos que era imposible coller un tren polo horario e non chegaríamos a tempo.

 

Esquecemos ese detalle xa que a viaxe foi moi ben: cantamos cantigas de Cantaxogos, contempramos a fermosa paisaxe chea de xestas froridas, vimos tamén cabalos e vacas nos prados. Cantas vacas!

 

E chegamos a Monforte. De camiño ao museo poidemos ver enormes niños de cigoñas, con duas ou tres cigoñas neles, feitos enriba de torres e postes da luz.

 

Xa no museo, vimos moitos trens: maquetas con vías de ferrocarril e trens como de xoguete, trens en miniatura gardados en vitrinas, locomotoras a vapor e eléctricas e o vagón no que viaxou o rei Juan Carlos I cando era un neno de dez anos e veu a España dende Portugal. Ese vagón estaba moi ben, pero vimos outro tren moi, pero que moi luxoso. Quen viaxaría nel?

 

O máis divertido foi cando nos montamos nun tren cun so vagón para facer un pequeno percorrido ata a Rotonda, onde as locomotoras poden xirar nunha prataforma para virar o sentido da marcha, ou algo así. Era tan vella a locomotora que lle costou arrincar...

 

Nas seguintes fotos xa vedes o ben que o pasamos.

 

 

Despois de rematar a visita no museo, chegou o tempo da merenda e dos xogos.

Qué ben o pasamos!

 

 



blog | by Dr. Radut