Skip to Content

Xaneiro 2019

Apostamos polo tenis de mesa!

Estamos súpercontent@s de poder xogar ao tenis de mesa no cole, e como necesitabamos un lugar no que colocar a impresionante mesa que tiñamos no Centro...eleximos este:o resultado é impresionante !

Queremos optimizar os espazos dos que dispoñemos  e cremos que o conseguimos ao 100 % ! Temos a sorte de poder sumar ideas entre tod@s para a mellora do noso cole!

 

 

Contacontos infantil en San Fiz

O pasado mes de novembro os nenos e nenas de 6º de Infantil, fixeron unha visita a guarderia de San Fiz, a contarlles un conto moi entretenido con caixas.

Na seguinte foto pódese ver o artigo de prensa onde queda reflexado:

 

Os alumnos de 4ºB sementan landras

Nesta edición 2018/2019, o proxecto VOZ NATURA  ten como protagonista á preservación e coidado dos montes.

O alumnado de 4ºA é unha das aulas que participan no proxecto; trabállase na sensibilización, a protección,a recuperación e a posta en valor da riqueza dos nosos montes e bosques galegos.

Para elo, eles mesmos prepararon a semente de castiñeiros e landras, seguindo a explicación moi atentos do mestre:

 

 

O reto de Voz NATURA no curso 2018/2019

O noso centro CEIP PARADAI é un dos 360 centros que traballan en proxectos Voz Natura no curso 2018/2019.

Como cada curso, neste apartado da nosa páxina web, compartiremos as experiencias e traballos na aula, con proxectos de acción directa sobre o medioambiente contribuíndo a recuperación de zonas degradadas con plantacións.

 
Ademais, nesta 22ª edición darase especial protagonismo á preservación e coidado dos montes: protección, recuperación e posta en valor da riqueza dos montes e bosques galegos, conservación da súa biodiversidade e sensibilización social sobre a problemática dos incendios forestais.
 

 

Visita de xogadoras do DURÁN MAQUINARIA ENSINO LUGO

Hoxe tivemos no centro unha visita moi interesante!!!

Viñeron ao centro as xogadoras do Ensino coas q estivemos a xogar toda a maña.

 

Grazas a Mercy Wanyama, Fiona O'Dwyer, Ángela Salvadores, Regina Gómez, Starr Breedlove, Atonye Nyingifa e Rocío Varela Veloso.



 

Gañadores do 1º TRIMESTRE do RETO LECTOR

E os gañadores neste primeiro trimestre, do emocionante reto lector que temos en marcha en primaria no noso centro, son:

 

Os alumnos e alumnas de 2ºA!!!

Moitas felicidades e a seguir lendo!!!

REPARTO DE LEITE NO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que do 28 de xaneiro ao 22 de febreiro (catro semanas) está previsto o reparto dun brick de leite por alumno, para tomar antes do recreo.

Deberano ter en conta á hora de mandarlles a “merenda” de media mañá.

 Lembramos a norma do centro: Non está permitido traer alimentos que conteñan chocolate, bolería industrial, batidos, zumes…

 

REPARTO DE FROITA NO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que do 25 de marzo ao 5 de abril (dúas semanas) está previsto o reparto dunha peza de froita fresca a cada alumno, para comer antes do recreo.

Deberano ter en conta á hora de mandarlles a “merenda” de media mañá.

Lembramos a norma do centro: Non está permitido traer alimentos que conteñan chocolate, bolería industrial, batidos, zumes…



by Dr. Radut