Skip to Content

Decembro 2018

Celebración do XVIII anversario da Muralla e visita da cidade de Lugo dos nenos de 5º Primaria

O pasado 30 de novembro, ademais de acudir a exposición de HÉROES OCULTOS, tivemos a oportunidade de visitar o centro da cidade de Lugo e recibir unha breve explicación das titoras de cada monumento que visitabamos.

Entramos por unha porta da muralla (que non era unha das orixinais e agora sabemos o porqué), as piscinas romanas, a catedral... un paseo por encima da muralla, algúns de nós non tiveramos a oportunidade ata agora!

E por último visitamos unha exposición no edificio da administración central da XUNTA DE GALICIA de cadros pintados por mulleres, e o seu punto de vista do Día contra a Violencia de Xénero.

Visita a exposición "INVENTOS GENIALES, HÉROES OCULTOS" de 5º PRIMARIA

 O pasado 30 de novembro, as dúas clases de 5 de primaria, visitaron a exposición de CAIXAFORUM de HEROES OCULTOS, pódese ver máis información da exposición ticando aquí: 

HEROES OCULTOS

Para ir á exposición fomos todos xuntos en bus urbano, foi toda unha aventura!

 

 

Os nenos descubriron dunha forma guiada, cousas sorprendentes por exemplo, como se comezaron a fabricar as famosas pezas de LEGO, moitos non sabían que o seu comezos eran de madeira!


Obxectos cotiáns como as latas, o velcro, os lapis, os bolígrafos, as pinzas da roupa, ... e que non era tan afastado a invención da fregona.


Entre xogos descubriron que obxectos cotiáns eran inventos españois.






Robótica en INFANTIL

Os nenos e nenas de 6ºB de INFANTIL, practican robótica na aula, dáselles moi ben!

 

 

 

Traballamos contra a Violencia de Xénero

Do 19 ao 23 de novembro no centro, celebramos de diferentes maneiras o DÍA CONTRA A VILOENCIA DE XÉNERO.

Unha delas, foi compartir na hora de lecer dos alumnos e alumnas a "MOCHILA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" cunha coidadosa selección de títulos, propios do centro, da NODAL e prestados polas profesoras do centro.

Aquí algúns títulos da mochila:

En todas as aulas contouse o conto de ARTURO Y CLEMENTINA.

E unha mestra do centro debuxou uns preciosos posters sobre o tema, e os máis pequenos decorárono, e quedaron así de bonitos:

 

 


by Dr. Radut