O pasado 30 de novembro, ademais de acudir a exposición de HÉROES OCULTOS, tivemos a oportunidade de visitar o centro da cidade de Lugo e recibir unha breve explicación das titoras de cada monumento que visitabamos.
Entramos por unha porta da muralla (que non era unha das orixinais e agora sabemos o porqué), as piscinas romanas, a catedral... un paseo por encima da muralla, algúns de nós non tiveramos a oportunidade ata agora!
E por último visitamos unha exposición no edificio da administración central da XUNTA DE GALICIA de cadros pintados por mulleres, e o seu punto de vista do Día contra a Violencia de Xénero.