Skip to Content

Xaneiro 2021

COMEZA O CAMIÑO

Comezamos O CAMIÑO e para iso deixámosvos un mapa sobre as diferentes rutas que hai para facelo e información sobre as máis coñecidas.

O Camiño Francés

É a ruta máis popular xa que ofrece gran variedade de recursos culturais, naturais e gastronómicos.

Este camiño une a cidade de Saint Jean de Pied de Port con Santiago de Compostela. Ten 31 etapas de 20-25km diarios e un total de 802 kilómetros.

Comeza en Roncesvalles e pasa polas seguintes cidades e pobos:

  • Zubiri, Pamplona/Iruña, Puente La Reina/Gares, Estella/Lizara.
  • Torres del Río, Logroño, Najera, Santo Domingo de la Calzada, Belorado.
  • Áges, Burgos, Hontanas, Boadilla del Camino, Carrión de los Condes.
  • Terradillos de los Templarios, El Burgo Ranero, León, San Martín del Camino, Astorga.
  • Foncebadón, Ponferrada, Villafranca del Bierzo, O Cebreiro, Triacastela, Sarria,
  • Portomarín, Palas de Rei, Arzúa.

Pedrouzo é a última atopándose a uns 20 kilómetros de Santiago de Compostela.

O Camiño Aragonés

É unha das rutas máis antigas cun  recorrido de 170 kilómetros e 6 etapas, pero moi longas.

Dentro da súa beleza polas paisaxes, podemos visitar as provincias de  Huesca, Zaragoza e Navarra.

Comezamos en Somport facendo 30,5 km. Despois visitaremos Arrés, Ruesta, Sangüesa, Monreal e Puente la Reina, para rematar na Plaza de Obanos e chegar a Santiago de Compostela.

O Camiño Primitivo

Foi este camiño o que levou ao Rei Alfonso II ata a tumba do Apostol Santiago no no século IX.

Ten un percorrido de 321 kilómetros con 11 etapas.

Comeza la cidade de Oviedo e despois atravesa Grado, Salas, Tineo, Borres, Pola de Allande La Mesa, Grandas de Salime, Fonsagrada, Cádavo Baleira, Lugo e Palas de Rei. Dende aquí engancha coa etapa francesa e despois de varios días chegamos á Praza do Obradoiro.

O Camiño Vasco

O traxecto empeza en Irún ata Sto Domingo da Calzada formando 8 etapas en 203 kilómetros. Unha vez chegado aquí enlaza tamén co Camiño Francés.

É moi habitual no inverno atopar neve, polo que tamén se pode desfrutar da paisaxe do relevo.

Ruta do Norte

Este camiño tamén é moi coñecido xa que na Idade Media foi feito polos reis europeos.

O percorrido consta de  814 kilómetros en 32 etapas comezando en Irún e finalizando en Arzúa pasando polas cidades de Mondoñedo, Gijón, Santander, San Sebastián, Comillas, Áviles, Luarca, La Caridad, Abadín, Bibalda, Baamonde, entre outras.

O Camiño Portugués

Formado por 600 kilómetros de perenigración, esta ruta foi feita por personaxes ilustres coma o Rei Don Manuel ou a Raíña Sta Isabel de Portugal.

Este camiño parte da capital de Lisboa e pasa polas localidades de Alhandra, Azambuja,  Santarém, Golega, Tomar, Alvaiázere, Rabaçal, Coimbra, Mealhada, Águeda, Albergaria a Velha, Oliveira de Azeméis, Grijó y Oporto. El camino principal continua por Vilarinho, Barcelos, Ponte de Lima, Rubiães. Entra en España por Tui e continúa por O Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón ata Santiago de Compostela.

A etapa Vía da Plata

O Camiño da Plata é o máis importante dende a zona sur debido a que, na actualidade, Sevilla é considerada coma a cidade de inicio do Camiño de Santiago, xa que a súa orixe remóntase ás diferentes calzadas romanas que na Idade Media aproveitaron os peregrinos.

O percorrido é de 705 kilómetros formado por 26 etapas. Comezando en Sevilla, pasando por Zafra, Mérida, Cáceres, Plasencia, Béjar, Salamanca, Zamora, Benavete e remata en Astorga.

 

E A TI, QUE CAMIÑO CHE GUSTA MÁIS?

 

SEMENTANDO

Os alumn@s de tres anos sementaron castañas e belotas 



by Dr. Radut