Skip to Content

Xaneiro 2023

Día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz cantando todos xuntos a canción "Unha receita da Paz" de Unai Quirós.

 

E todo o alumnado en conxunto, sementou a Paz de maneira simbólica, e compartin a decoración cos demáis.

Sesións de ioga en infantil

O xoves pasado comenzamos a ter unhas sesións de ioga para os nenos e nenas de E. Infantil. Fixemos as posturas de moitos animais coñecidos por todos: tartaruga, can, gato, cobra, delfín.

Tamén fixemos o saúdo ao Sol e á Terra.

Velaí algunhas fotos.

 

Experimentos na aula de 6º B de E. Infantil

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixemos varios experimentos relacionados co cambio climático: volcán, choiva, neve, xeo, ...

A ver cal vos gosta máis!

Visita ao Aquarium Finisterrae

O venres, 27 de xaneiro, o alumnado de 6º de E. Infantil do noso Centro vivimos unha aventura no Aquarium Finisterrae (A Coruña).

Qué ganas tíñamos de ver o mar, aínda que fose no inverno!

Nada máis chegar ao noso destino, ca famosa Torre de Hércules ao fondo, recibiunos unha monitora moi simpática (Goretti se chamaba?) que nos deu a benvida, e durante toda a visita explicounos moitas cousas interesantes dos animais mariños que estábamos a ver: medusas pequeniñas que cambiaban de cor; iso era porque son máxicas e conceden desexos aos nenos e nenas que llos piden en silencioooo. Había tamén cabaliños e estrelas de mar, anémonas cos seus veciños os peixes pallasos (como o famoso Nemo dos debuxos), ovos de tiburóns e mantas raias, sepias e meros, polbos, e moitos máis peixes, grandes e pequenos, dos que non lembramos os nomes.  Rematamos a visita dentro do edificio vendo o acuario onde Gastón, o tiburón máis grande do museo, nada entre outros peixes pacíficamente, mentras os coidadores, Diego e Clara, bucean para darlles a comida.

Fora do edificio, nunhas piscinas con auga de mar, asistimos ao xantar das divertidas focas.

Qué ben o pasamos!

Aí vai unha chea de fotos.

 

Explicando qué son as barbas das baleas

Non se aprecian moi ben, pero son medusiñas

Ovos de tiburón, raia (os de arriba) e doutro peixe...

Rincón da creatividade.

Móbiles feitos con obxetos atopados nas praias, costas, cando se estaba a limpialas.

As piscinas das focas

 

 

 

 

Facendo pan

Dentro do proxecto deste trimestre: "Cociña e alimentos", para principiar a nosa aventura, os nenos e nenas de 3 anos do CEIP Paradai convertímonos en pequenos/as panadeiros/as.

Mágoa de non dispoñer de forno para rematar a faena, pero así o poidemos compartir coas nosas familias, xa que puidemos cocer a masa nas nosas casas.

Pasámolo xenial seguindo os pasos da receita e, sobre todo, amasando.

(Moitas gracias á experta "panadeira" Ana.)

 

A primeira nevada do inverno

O mércores 18 de xaneiro foi un día moi especial para o alumnado do CEIP Paradai. A estación do inverno trouxo o mellor xogo para os pequenos: as bolas de neve.

 


 


 

 



by Dr. Radut