Skip to Content

Septembro 2019

Visita do alumnado de 6ºA a Milhulloa

O día 20 de setembro  os alumnos/as de 6º visitamos a cooperativa de Milhulloa en Palas de Rei. Nada máis chegar recibiunos Carmela e Ana que nos fixeron un resumo sobre o que iamos facer.

 

Primeiro leváronnos a visitar onde estaban as distintas prantas mediciñais coas que fan os seus productos e.... Canto aprendimos! Logo tomamos unha infusión que prepararon para nos antes de pasar a ver as máquinas coas que traballan. Por último fixemos un xogo no que tiñamos que averiguar o nome dunha pranta e o ser uso. Tanto os/as alumnos/as de 6º coma as mestras que nos acompañaron quedamos encantados/as coa visita.

 

 

 



by Dr. Radut