O día 20 de setembro os alumnos/as de 6º visitamos a cooperativa de Milhulloa en Palas de Rei. Nada máis chegar recibiunos Carmela e Ana que nos fixeron un resumo sobre o que iamos facer.
Primeiro leváronnos a visitar onde estaban as distintas prantas mediciñais coas que fan os seus productos e.... Canto aprendimos! Logo tomamos unha infusión que prepararon para nos antes de pasar a ver as máquinas coas que traballan. Por último fixemos un xogo no que tiñamos que averiguar o nome dunha pranta e o ser uso. Tanto os/as alumnos/as de 6º coma as mestras que nos acompañaron quedamos encantados/as coa visita.